Skip to Content

Outra forma de disfrutar do Nadal.

Case coa chegada das festas de Nadal, comezamos a reflexionar sobre cómo sería esta celebración noutras partes do mundo.

Así, non podíamos ter mellor testemuña que unha das nosas alumnas e a súa nai, que nos contaron en primeira persoa como se vive o Nadal no seu país de orixe.

O mellor de todo, e que a nai de Lorena nos falaba en Inglés, polo que tivemos que agudizar moito o oído. Aínda así, contaba cunha grandísima traductora, a propia Lorena.

Ademáis tivemos a sorte de que nos trouxeron doces típicos do lugar e algún que outro agasallo máis.

¡¡¡GRAZAS AS DÚAS!!!!!

                                                    

Saída Lugo - Begonte

Unha vez que o primeiro trimestre ía chegando ó seu fin, realizamos unha saída a Lugo para coñecer un pouco máis da súa historia no Museo Provincial e algún dos seus monumentos máis característicos como son a Catedral e a Muralla. O tempo non nos acompañou demasiado, así que para xantar recurrimos a un centro comercial cercano.

Co estómago cheo, reanudos a marcha cara Begonte, onde nos esperaba un Belén en movemento que cerraba a nosa primeira saída no ano.

¡¡¡A verdade é que o pasamos moi ben!!!

Aquí tedes algunha proba.

             

        

           

Pequenos grandes científicos

Como xa sabedes, xa no mes de Outubro, inauguramos unha nova rutina na nosa aula. Así, todos os Mércores, levamos a cabo un obradoiro científico co que pretendemos achegar ós pequenos/as ó coñecemento dos fenómenos naturais e físicos do seu contorno máis próximo. Neles, os nenos/as descobren, coñecen, comprenden e reflexionan, nas referencias que lles son propias, sobre aspectos científicos como a luz, a auga, o magnetismo...

Ó mesmo tempo, permítenos traballar dunha forma globalizada, outros aspectos como a lecto- escritura, a lóxica - matemática e mesmo a capacidade creativa e plástica.

Pouco a pouco, este día, converteuse no noso día favorito da semana. Aquí tedes algún dos nosos experimentos:

CAPILARIDADE.

Seguindo a mesma liña de como "beben" auga as árbores, confecionamos os nosos pequenos "pontes" con servilletas e observamos pacientemente como a auga iba subindo polos capilares do papel. Este expermiento permitiunos comprobar tamén a mistura das cores primarias para obter outras cores secundarias. ¡FOI INCRIBLE!

TENSIÓN SUPERFICIAL.

Creo que foi o experimento que, sen dúbida, máis nos costou. Necesitamos dun excelentísimo pulso para levalo a cabo e conseguir que os nosos clips flotarán enriba da "capa" da auga. Posteriormente, cunha simple gota de xabón, conseguíamos romper esa tensión superficial que fai que algunhas cousas floten na auga.

LEITE MÁXICA.

Seguindo a liña da tensión superficial, que no caso da leite, manténse pola grasa deste líquido. Así, conseguimos facer auténticas obras de arte con colorante alimenticio e xabón.

 

¿CÓMO COLLER UNHA MOEDA DUN PLATO DE AUGA SEN MOLLARNOS?

Despois de moitos intentos, comprobamos que o máis complicado se resolvía co máis fácil. Producindo unha falta de osíxeno dentro dun vaso, o propio obxecto absorbía a auga do plato, permitíndonos coller así a moeda sen mollarnos. 

FLOTABILIDADE.

¿Cómo conseguir que flote un ovo na auga? ¿E se cambiamos a densidade do líquido elemento con sal?

 

 

Proxecto de traballo: "Os castelos"

Despois dunha concienzuda votación sobre cal era o tema que lles gustaría traballar durante o 1º trimestre, decidimos en unanimidade darlle unha volta ós castelos.

Así, o primeiro foi ir creando un pequeno recanto na nosa aula con todo aquel material relacionado coa temática, que tiñamos polo cole ou que nos iba chegando dos diferentes fogares. ¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Neste sentido, a medida que avanzaba o Proxecto, ibamos creando un mapa conceptual dividido en catro grandes apartados: "¿Quén vivía?", "Os cabaleiros", "¿Cómo vivían?" e "as partes do castelo".

Pouco a pouco fixémonos expertos na Idade Media e coñecíamos personaxes tan entrañables como o Bufón ou outros tan feros como os cabaleiros.

                                                      

                                          

Tamén limos unha infinidade de libros sobre o tema (como bos investigadores que somos Canso) e ......¡¡¡¡¡¡¡ata buscamos castelos nun mapa!!!!!!

                 

Fixemos unha grande cantidade de actividades relacionadas coa Idade Media, aínda que todavía nos queda algunha por facer. Así, a medida que vaiamos elaborando, ¡Irémosvos informando!

Novamente gustaríame agradecer a vosa colaboración durante todo este 1º trimestre. ¡GRAZAS!

 

Conmemoración da Constitución Española.

¿Cómo facer chegar ós máis pequenos/as unha temática tan complexa coma a da Constitución ESpañola?

Pois ben, cunhas auténticas eleccións, e a idea clara dos seus dereitos e deberes. Así, publicado o censo do alumnado co CEIP da Barqueira, cada un dos nenos/as debía acudir o día sinalado a unha votación á Biblioteca do centro. Para isto, tiñan que presentar o carnet de lectores do cole frente a mesa electoral, formada por un presidente, un secretario e dous vogais. O tema a votar era un nome para a Biblioteca do centro. Así, finalizadas as votacións e tras o posterior reconto de votos por parte dos membros da mesa electoral, o novo nome para este espazo do centro será:

A COVA DOS CONTOS.

                                                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut