Skip to Content

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/2023

Estimadas familias:

 

Xa pode solicitarse a axuda de libros e material escolar. Pódese pedir unha solicitude no centro. Tamén podedes descargala da páxina web da Consellería, da aplicación “FONDOLIBROS” ou a través da SEDE ELECTRÓNICA polo procedemento ED330B.

Seguindo as instrucións da Consellería, as solicitudes presentaranse preferiblemente de xeito electrónico (a través da aplicación “FONDOLIBROS“ ou polo procedemento ED330B na sede electrónica da Xunta de Galicia), mais tamén poden entregarse no centro escolar.

O prazo de presentación é do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022 (ambos inclusive). Presentarase unha soa solicitude para todos os fillos do mesmo centro educativo (a excepción de que se presente a través da aplicación “FONDOLIBROS” que hai que presentar unha solicitude por cada fillo ou filla).

Documentación a presentar:

-Solicitudes asinadas (Anexos I e II).

-Coipa do libro de familia (ou certificado de convivencia, informe de servizos sociais ou equivalente propio deo concello).

-De ser o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e convenio regulador, certificado de discapacidade, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

QUEDARÁN EXCLUÍDOS DA AXUDA AQUELES ALUMNOS OU ALUMNAS QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS PRESTADOS PARA ESTE CURSO 2021/2022 (DATA MÁXIMA DE ENTREGA 20 DE XUÑO) E AQUELES QUE SUPEREN OS LÍMITES DE RENDA.

O alumnado de 6º de EP que o vindeiro curso está noutro centro ten que presentar alí a solicitude.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/2023

Todo o alumando que solicitou praza para o curso 2022/2023 foi admitido.

ENTROIDO 2022

Aquí tedes os tres vídeos nos que veredes unha pequena mostra do entroido escolar no CEIP da Barqueira. Sendo este o Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas, eliximos a natureza como tema no que artellar os traxes. Os nenos e nenas son o futuro, sen pequerrechos non hai mañá igual que sen insectos, plantas e animais non hai vida. Respectade o medio que nos rodea e coidade a esas criaturas diminutas que andan polo mundo como elas nos cuidan a nosoutros. De hoxe nun ano volvamos a celebrar.

Como actividades fixemos un pasarrúas e merendamos pizza do Tropezón no cmpo da feira. O día acompañou como puido, as familias tamén. Grazas á Policía Local e a Protección Civil de Cedeira por protexernos. Grazas tamén a todos os que fixeron posible esta xornada.

 

ENTROIDO 1

ENTROIDO 2

ENTROIDO 3

Distribuir contido


by Dr. Radut