Rematado o prazo para presentar as diferentes candidaturas para formar parte do Consello Escolar, a Xunta Electoral proclama oficialmente ós seguintes candidatos:
Candidatos/as dos mestres/as.
- Araceli María Montes Prieto.
- Rosario Rodríguez Bustabad.
- María Soledad Díaz López.
Representante do ANPA “Os Carrís”.
- María del Carmen Bustabad Santalla.
Representante do Concello de Cerdido.
- Rocío Martínez Martínez (actuando como suplente para este curso académico 2018/2019 Benigno Galego Castro).
Á fin de aclarar un tanto a organización deste proceso, informar que:
- Ó existir candidato por parte da ANPA “Os Carrís”, non se realizarán eleccións do sector de pais/nais/titores legais.
- O Luns 26 de Novembro, os mestres do centro elixirán ó seu representante.
Dadas as circunstancias concretas que supón a renovación deste ano, non se require a vosa participación activa exercendo o dereito ó voto e esta comunicación é simplemente informativa.
De calquera maneira, ante posibles dúbidas ó respecto, a Directora do centro estará a vosa disposición.
A Xunta Electoral.