Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O día 8  conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller con diversas actividades relacionadas coa temática dese día.Os rapaces de 5º e 6º fixeron pósters e infografías sobre diferentes mulleres que ao longo da Historia "romperon moldes" e contribuíron deste xeito  ao avance nos dereitos da muller. Tamén fixeron un mural coas imaxes de mulleres protagonistas de contos da literatura infantil e xuvenil.

PRESENTACIÓN DA FURGOTECA

 

Hoxe visitounos Laura da Furgoteca, a furgoneta chea de libros que estará nos pobos do Concello tódolos meses.Fíxonos un contacontos moi didáctico, do que tiramos unha conclusión que sería positiva que traballaran nas súas casas.Logo coñecemos a Furgoteca.Esperamos que a iniciativa perdure no tempo, algo que só vostedes poden conquerir.

 

FURGOTECA

Como xa saben a partir do día 8 de marzo visitará o concello de Baltar a Furgoteca.Unha furgoneta chea de libros para todas as idades e moita ilusión que segundo o horario que figura no anexo que acompaña a esta nova visitará cada un dos pobos do Concello.Manter esta iniciativa viva depende de todos vostedes.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Desde o martes día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo , así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cam

MENÚ DE MARZO

CELEBRANDO A ROSALÍA

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía con diferentes actividades  que poden ver no seguinte enlace.Ademais os rapaces de  6º fixeron un comic  e un díptico en soporte dixital sobre a vida e obra de Rosalía o que lles permitiu achegárense  de forma máis completa a unha das máis grandes escritoras  galegas e unha das figuras chave do Rexurdimento.

 

https://youtu.be/UD5Y7AGUvCE

 

 

 

TEMPO DE ENTROIDO

Actividades do Entroido

https://youtu.be/VDkPFj-cPzA

XOGOS POPULARES

O mércores día 15 visitounos Lito do centro Xaquín Lourenzo de Xogos tradicionais.No enlace están recollidas algunhas fotografías desta actividade.

 

https://youtu.be/MZfiLVHHY4g

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día escolar da non violencia e a paz.No noso colexio fixemos dúas actividades para conmemorar este día.No enlace poden atopar as fotos vencelladas a estas actividades.

 

https://youtu.be/9ajw91KF36g

MANDATOS DO MECO

Xa  chegou o tempo de entroido e con el o noso MECO, Manolo Baltarín, que nos vai dar as ordes para a vindeira semana.Os mandatos deste ano NON SON ACUMULATIVOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut