Skip to Content

MENÚ DE FEBREIRO

Día da lectura en voz alta

 

SUSPENSIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR NA XORNADA DO MÉRCORES

Avísanos inspección educativa que segundo a Comisión de alerta da Xunta de Galicia, mañá mércores, día 18, estará  suspendido o transporte escolar nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición nas montañas de Ourense e sur de Ourense (o noso centro está nesta zona).

Polo tanto,esta medida afecta soamente ao transporte escolar polo que o centro estará aberto sempre que  ao  profesorado lle sexa posible acudir ao seu posto de traballo.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (Só alumnado de sexto de Ed. Primaria)

Segundo o  Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2023/2024.

NOVA ACTUALIZACIÓN REFERENTE AO TRANSPORTE ESCOLAR

Volve a comunicarnos a empresa de transporte que mañá martes ,17 de xaneiro,  haberá transporte escolar como é habitual. Polo que se mantén o servizo no horario normal.

O colexio non se fai responsable destes vaivéns na información.Nós soamente somos transmisores do que nos comunican coa única finalidade de que vostedes estean informados.

 

SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE

Infórmannos dende a Consellería e desde a empresa de transporte que se suspende TODO O SERVIZO DO TRANSPORTE ESCOLAR mañá martes , 17 de xaneiro de 2023.

Seguiremos informando da situación conforme nolo vaian comunicando.

Retrincos de Nadal

No vídeo do seguinte enlace poden ver anaquiños do noso Nadal.

https://youtu.be/A6jC9KGAFTU

MENÚ DE XANEIRO

FELICITACIÓN DE NADAL DA COMUNIDADE EDUCATIVA

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE BALTAR DESÉXANLLES FELICIDADE E MOITA VIDA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut