O pasado 25 de abril tivemos no Centro uns obradoiros de robótica, programación e actividades STEAM.
Fomentando as novas tecnoloxías dende programas como Bibliotecas creativas, e coa colaboración do equipo de Almudena Alonso, mestra especialista organizamos uns obradoiros tendo tamén en conta as idades do alumnado e o resto dos proxectos e programas no Centro.
O alumnado de Ed. Infantil e 1º de primaria construíron un robot artista!
O alumnado de 2º 3º e 4º de primaria aprenderon a programar cos escornabots e convertirse en "Piratas medioambientais" para limpar os nosos océanos de plásticos!
O alumnado de 5º e de 6º desenvolveron unha programación tipo "sratch" na plataforma gratuíta de "Visualino", foi fenómeno programar o robot vixía!
Co fin de avaliar os resultados do funcionamento da nosa biblioteca escolar pedímoslles que cubranunha pequena enquisaco fin de mellorar este servizo e atender mellor aos usuarios da mesma.
A enquisa estará aberta toda esta semana ata o vindeio luns día 3 de xuño, inclusive.
Cada membro da comunidade educativa terá que cubrila no apartado correspondente, por favor rogamos que a persoa que a cubra unha vez non volva a cubrila de novo.
Dende o colexio de arquitectos de Galicia, a través do Proxecto Terra realizamos unha serie de obradoiros para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Ed. Primaria o pasado 18 de abril. Con este proxecto tratan de fomentar o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro.
Para iso realizaron un "Scaperoom" que nos encantou!!
Durante o mes de marzo preparamos unhas lecturas compartidas de poesía.
Foron poemas de Manuel María, especialmente do seu libro "Soños na gaiola". Todos teñen temáticas sobre a nosa contorna máis próxima: Paisaxe, natureza, Galicia, animais ou obxectos cotidianos.
Durante a primeira semana de marzo, e aproveitando o gallo do 8 de marzo, recibimos a visita de nais, avoas e mulleresda nosa vila que nos ensinaron o que valen e compartimos con elas numerosas actividades:
Lucía:Obradoiros de robótica e programación, Obradoiros de Ioga a cargo de Miriam, e tamén de palillo das nosas palilleiras:
Unha grande experiencia!!, Temos que repetila!! .
Enfocada tamén no coñecemento da nosa contorna e no proxecto: Baíñas ten futuro!!