Skip to Content

O alumnado do Centro puxemos a nosa horta, que levaba tempo abandonada.

O alumnado de Ed. Infantil animouse coas leitugas, o alumnado de 1º e 2º usaron un carriño moi xeitoso e os maiores cultivamos leitugas, tomates e pementos.

Procuramos que todo fose o máis ecolóxico posible, usamos compost para abonar a horta, e sen pesticidas nin herbicidas, usamos unha cuberta transpirable para evitar que aparecesen as malas herbas.

Gustounos moito atendela, e ben seguro que repetiremos esta grande experiencia.

  

   

  

Na semana do 19 ao 23 de abril celebramos o Día do Libro infantil e xuvenil compartindo novas lecturas relacionadas coa natureza e o medio ambiente,

e tamén tivemos a visita do escritor e ecoloxista Anxo Moure, que realizou unhas sesións de contacontos presencial, cumprindo con todas as medidas do protocolo COVID,

Unha parte realizouse no salón de actos e a outra nos xardíns do colexio, onde entre outras moitas cousas, nos falou do amor que lles ten ás árbores.

    

 

 

Durante o mes de marzo, celebramos o mes da POESÍA coa proposta: "A poesía non morde, colle unha!"

Foi unha actividade que gustou moito ao alumnado, e consistiu en deixar poemas por distintas partes do colexio e deste xeito animar á lectura.

Lemos poemas tanto en galego coma en castelán, de poetas e poetisas de renombre: Rosalía, Cunqueiro, Curros Enríquez, Celso emilio Ferreiro, Manuel María, Gloria Fuertes, Federico García Lorca, Bécquer,...

entre outros.

    

    

 

 

O pasado día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión e tendo en conta que estabamos a crear conciencia medioambiental celebrámolo coñecendo e lembrando a aquelas mulleres que tiveron un papel relevante tanto na defensa da natureza coma na conservación do medio ambiente: Dian Fossey, Jane Goodall, Greta Thunberg,...

Fixémolo a nivel aula coa elaboración de pequenos murais, biografías e tamén utilizando a impresora 3D, onde imprimimos uns medallóns alusivos a estas grandes mulleres e outros co gallo do Día de Rosalía de Castro.

             

              

Como vén sendo xa unha costume, o pasado 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión fixemos un percorrido pola súa vida e obra facendo actividades adaptadas para cada curso.

Para rematar cantamos un dos seus poemas musicado por UXÍA: "Has de cantar"

 

 

Co gallo do DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O ALUMNADO DE 4º 5º E 6º recitou algúns poemas pola PAZ, achegámosvos unha pequena mostra.

UN SAÚDO!

    

Hola a toda a comunidade educativa!

Coma todos os anos nestas datas queremos achegarvos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL 2020.

Pinchade no documento adxunto se non podedes descargar a guía de lecturas.

Coidádevos moito!         

Felices Festas! e Bóas lecturas!

 

Hola a toda a comunidade educativa do CEIP Baíñas!

Como despedida de parte do Equipo de Biblioteca, deixámosvos, coma sempre as nosas recomendacións lectoras. Este ano incluímos ademáis lecturas para os adultos e adxuntamos tamén as recomendadas polo Consorcio Galego, por parecernos moi axeitadas. 

Agardamos que vos gusten e que as desfrutedes!

Despois destes meses tan difíciles, tamén queremos agradecer a vósa colaboración nas actividades que vos suxerimos durante o confinamento, iremos publicando máis imaxes e vídeos que quedaron pendentes. Coidádevos moito! e que pasedes un

BÓ VERÁN!

 



by Dr. Radut