Skip to Content

                                                                                          

MIÑA TERRA, MIÑA TERRA! NON HAI PLANETA B!”

 

Queridas Familias:

 

Dende o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo proxecto para o curso 2019-20!

Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o terceiro ano no que se nos concedeu o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a traballar dende hai tempo.

Sabemos que, sen a vósa axuda e colaboración tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que queremos expresarvos o noso agradecemento, e felicitar ás familias e tamén ao alumnado!, pois toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñassaímos gañando!

Por outro lado, decirvos que, ademais de vantaxes, isto tamén supón asumir una serie de compromisos e obrigas para seguir acadando este mérito. É necesario levar a cabo un proxecto anual. O cal nesta ocasión titulamos:

Miña terra, miña terra!, Non hai planeta B!
O proxecto quere partir agora da realidade máis próxima:

A propia natureza!!

Sabemos que estamos a atravesar un período onde o planeta Terraestá infectado con un virus: A especie humana!

Sí, estamos en alerta vermella!!

O planeta Terra despois de máis de 4.500 millóns de anos, está en serio perigo a causa da acción dos seres humanos: A tala dos bosques e selvas, a pérdida masiva de especies animais e vexetais, o incremento da contaminación a causas como a enorme cantidade de residuos (sobretodo plásticos) e o abuso de enerxías contaminantes derivadas do petróleo ou o carbón… fixeron que o planeta incrementase perigosamente a súa temperatura, e que se acelere un cambio climático, que provocará en poucos anos consecuencias, que arestora son impredecibles: aumento do nivel dos mares e océanos, fundimentodos xeos polares e glaciares (que son a maior reserva de auga doce do planeta), pérdida de especies e dos seus hábitats…. En fin un futuro moi incerto, verdade?

Afortunadamente, a solución a estes gravísimos problemas tamén somos nós, os seres humanos!

Por este motivo queremos preguntarvos a todos/as:

- Que podemos facer para cambiar esta situación?

Imos intentar dar algunha resposta a través desteambicioso proxecto de biblioteca, o cal desenvolveremos en varias fases:

-1ª Fase: Concienciación: Que sabemos deste problema? As especies animais e vexetais do noso entorno. Reciclaxe e iniciativas para a conservación e protección do medio ambiente. Escollemos lecturas e libros ou sitios web informativos sobre este tema.

-2ª Fase. Recollida de información e traballamoso tema coa axuda tamén de charlas informativas, e iniciativas dentro do contexto do Centro ou do propio concello: Axentes medioambientais, gardas forestais, bombeiros,…

-3ª Fase. Coidado e implicación: Desenvolvemento sustentable, reducción de residuos (plásticos), e horta ecolóxica.

-4 Fase. Exposición e difusión dos traballos realizados.

Dentro de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.

Sen máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan positivas para o alumnado como para as familias.

(Nota: Se hai alguna/as persoa/as, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado que sepa sobre: Como plantar unha horta; a reciclaxe, as árboles, os animais, ou alguna outra cousa sobre a protección do medio ambiente, e non lle importe colaborar conosco, por favor que se poña en contacto coa dirección do centro ou co responsable da biblioteca.)

MOITAS GRAZAS!! En Baíñas a 01de decembro de 2019.

 

O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas

O pasado 21 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do V Concurso literario de relatos curtos do CEIP Baíñas. 

Os relatos tiñan que recoller unha lenda-historia (real ou inventada) sobre un monumento, sitio ou lugar arqueolóxico.

Foron os seguintes:

 

                                1º PREMIO                              2º PREMIO                               3º PREMIO

                         Xoel Pardiñas Cernadas              Bieito Carballo Calero                Eire Pardiñas Cernadas

                        "O asalto ao castelo"             "O misterio non resolto"                  " O dolmen"

                                                      

 

Pero houbo premio para todos/as os/as participantes, PARABÉNS!!

      

 *Os relatos premiados podédelos ver nos documentos adxuntos.

Hola a todo o alumnado!

Queda convocado o V concurso literario de relato curto 2019!

Podes ler as bases da convocatoria no documento adxunto, e... Anímate a participar!!

 

O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CEIP BAÍÑAS

Hola comunidade escolar do CEIP Baíñas!!

Como sabedes chegaron os "Escornabots" ao centro!! E xa comezaron a facer das súas!!

O alumnado está a realizar actividades previas para entender a linguaxe destes novos membros da nosa comunidade: Os "Escornabots"!

Aprendendo a comunicarse con eles, mediante a linguaxe de programación. 

Por esta razón, un/unha alumno/a adoptou a personalidade robótica, mentres que o resto do grupo programábao para que se desprazase con coherencia  polas colchonetas da aula de psicomotricidade. Estas facían as veces de cuadrículas do panel no que, normalmente, se desprazan os escornabots cando elaboramos as actividades.

A modo de exemplo podedes ver unha primeira experiencia do alumnado de 5º de primaria.

 

 

                                                                                                   

Saúdos creativos!!

Hola a toda a comunidade do CEIP Baíñas:

Presentámosvos unha actividade que fixemos co alumnado de 4ºe 5º de primaria: Os "Escornahórreos".

Consiste en realizar un percorrido polos hórreos de Galicia, de España e tamén do mundo, para recoller información dobre éles, sobre as súas características, partes, tipos, estilos, materiais,...

Un traballo onde aprenderemos moito sobre este tema, e tamén a utilizar os "escornabots". Está relacionado moi especialmente co tema do proxecto de biblioteca deste curso: "Tralas pegadas da historia e do noso patrimonio II"

Usamos as "tablets" para descubrir a infomación que gardaban os códigos QR que aparecían nas tarxetas.

Aquí tendes un enlace aos materiais empregados para realizar esta actividade. E tamén presentamos un vídeo de cómo se desenvolveu.

 

 

                                                                                         

Saúdos escornabóticos!! 

Os que formamos o CEIP Baíñas querémonos sumar a todos aqueles que estamos

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, nesta data do 25 de novembro.

Participamos con estes vídeos sobre a canción "LO MALO" de Aitana e Ana guerra.

Ademais, todos enviamos a nosa mensaxe en contra desta violencia facendo un pin e un mural co lema:

"NIN UNHA MENOS". 

 

 
 


by Dr. Radut