Skip to Content

Artigos

REUNIÓN INICIAL ALUMNADO 3 ANOS

Estimadas familias,

O vindeiro mes de setembro os vosos fillos e fillas iniciarán a súa escolarización no noso centro. É importante que comecen esta etapa con seguridade e autonomía. Para falar destes aspectos e sobre o comezo do próximo curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro mércores, día 26 de xuño ás 12:00 h. Agradecemos a vosa presenza e esperamos que este acto supoña o inicio dunha colaboración eficaz e fundamental entre as familias e o colexio. 

Si algunha familia tivese dificultades para asistir á citada reunión, pregamos que se poña en contacto co centro,por vía telefónica no 886110353. Tamén poden consultar o contido da mesma, premendo na seguinte imaxe: 

 

ADMISIÓN CURSO 24-25

No seguinte documento pódense consultar as datas, os procedementos e a documentación necesaria para levar a cabo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024/2025.

A normativa atópase recollida neste enlace.

As áreas de influencia que corresponden no concello de Mos recóllense neste enlace.

 

No arquivo adxunto tedes os enlaces aos distintos documentos necesarios para presentar. Calquera dúbida podedes chamar ao centro ou mandar un correo electrónico. 



     

  

by Dr. Radut