Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, Complementarias, Convivencia E. Infantil
SAÍDA 2ºEP - O GROVE
Comeza a tempada de excursións!
Os nenos e nenas de 2º pasaron un día fenomenal no Grove, onde visitaron a aldea dos Grobits, o Acuario e tamén navegaron no barco de Pepiño onde puideron observar o fondo mariño e aprender moito da Ría de Arousa.
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS
Querémosvos amosar hoxe a gran exposición de instrumentos musicais que organizou a mestra Lucía.
En Primaria, agruparon os instrumentos por continentes, relacionándoo co proxectos de Ciencias do 2º trimestre.
Os maiores do cole fixeron instrumentos electrónicos e os de infantil os agruparon por tipo: corda, vento e percusión.
Moitas grazas aos pais e nais pola vosa colaboración!
GALICIENCIA
Esta foi a nosa participación na edición de Galiciencia deste ano, que se celebrou con formato híbrido os días 8, 9 e 10 de maio en Tecnópole, Ourense.
Este ano a temática foi "Mellor, de madeira" presentando o proxecto "Afundirase?" no que investigaron a flotabilidade de diferentes árbores autóctonas, para elixir a que reunía as mellores condicións para fabricar os barquiños de vela.
Xes e Pablo foron os encargados de presentalo, un aplauso para eles!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Comezamos a semana co concerto do gran Paco Nogueiras onde o pasamos fenomenal coa súa radio bule bule.
Tamén coñecemos a vida e obra da homenaxeada deste 2024, LUISA VILLALTA.
OBRADOIRO CORPUS
O Corpus Christi de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais vén de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Onte os mozos de 5º e 6ºEP asistiron a un obradoiro para aprender como é o proceso de confección das alfombras e tamén coñeceron os materiais que se usan nesta noite máxica...
Xa se sente nas rúas da vila que chega o Corpus!
O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.
Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.
DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Así traballaron os máis pequeniñ@s do cole hoxe o conto "Vivan as uñas de cores" para conmemorar o día mundial contra o acoso escolar e aprender que o respecto e a igualdade son uns valores indiscutibles.
SEMANA DO LIBRO
Que ben o pasamos nesta semana do libro!!
O Equipo de Biblioteca organizou a tradicional Feira do libro, fixemos marcapáxinas preciosos, os alumn@s de 6º puideron coñecer á escritora Esther Sestelo e, para clausurar a semana, a escola de música moderna de Ponteareas CDM nos ofreceu un concerto de jazz, onde dous dos alumnos máis destacados, Alberto e Daniel, improvisaron ao saxo e ao piano respectivamente. Ademais podemos dicir moi orgullosos que Berto e Dani son exalumnos da nosa escola e lles desexamos todo o mellor nas súas carreiras!
Moitas grazas a Esther Sestelo e a Carlos, director do CDM Ponteareas @centrodemusicamoderna por colaborar con nós.
SEMANA DA MÚSICA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »