Responder ó comentario

O CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Ola a todos/as!


 


Estreamos este espazo dedicado ao coro do colexio con moita ilusión.


Tentaremos mantervos informados do que  imos facendo. As cancións que preparamos, como marchan os ensaios, colgaremos algúns enlaces que parezan interesantes...


 


Avisarémosvos dos concertos.


 


Pero... imos empezar a casa polos cementos?? e ímosvos explicar como e cando naceu este coro.


 


CURRICULUM


 


 


CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS


 


O CEIP Nosa Sra. Dos Remedios ten unha longa tradición coral; este centro contaba xa con Coro dende hai  máis de 40 anos. Daquela un número moi elevado de nenos e nenas de Ponteareas estudantes do propio centro cantaron baixo a dirección do mestre D.Ángel Viro Caamaño, fundador e director do mesmo durante a súa existencia. Da súa man acadaron numerosos premios e  éxitos dando concertos por diversos lugares da xeografía española.


Gravaron o CD de panxoliñas Nadal galego aínda comercializado a día de hoxe e que segue a soar nas rúas da nosa vila e doutras vilas de España nas datas do Nadal; participaron no programa “Os Chiripitifláuticos” de RTVE.


Tras a celebración o ano 2010 do 40 aniversario do centro e despois de  xuntar a moitos dos cantores daquela época xurde a idea de retomar a iniciativa, polo que o actual coro do centro retoma a súa andaina o pasado mes de maio de 2011 baixo a dirección da mestra Ruth Barros Abalde e coa tamén mestra Cecilia López como pianista acompañante. O número de membros é de 147 con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Os  ensaios organízanse en 2 grupos, un de 1º a 3º e o segundo de 4º a 6º de E. Primaria preparando repertorios adaptados ás diferentes idades e así mesmo pezas para ser interpretadas en conxunto.


 


Nesa primeira actuación fixemos o seguinte repertorio:       


 


Yomika /Sakura................................................................Populares de Xapón.


O dote do meu sogro.........................................................Popular galega


 


CORO COLEXIO NOSA SRA. DOS REMEDIOS+OBRADOIRO VOCAL “A VILA”


Ipharadisi.........................................................................................Anders Nyberg


 


 


E que pasou este curso?


 


 


Este ano as mestras fixemos unha nova convocatoria para coñecer mellor as voces dos noso cantores/as do ano anterior e tamén anotamos na lista a novos alumnos/as que queren formar parte do coro .


As fixemos dende o 3 ao 11 de outubro e puidemos comprobar a boa materia prima que temos de 2º a 6º.


 


Cos de 1º foi diferente. Os invitamos a probar durante 3 sesións para que puideran decidir con liberdade si a actividade lles gusta ou non.


 


Agora ¡XA ESTÁ TODO EN MARCHA!


 


En breve recibiredes noticias dos nosos compromisos para o Nadal.


 


GRAZAS POR SEGUIRNOS.

Responder