Articles

FELICES VACACIÓNS!

Pois xa chegou o día! Hoxe comeza o verán e con el as VACACIÓNS!

Agora toca descansar para volver con forza e enerxía en setembro!
Ás alumnas e alumnos de 6º de Ed. Primaria queremos desexarvos moita sorte nos vosos camiños!
Aquí tedes a vosa casa

Bo verán!

Felices vacacións    Calendario Escolar 23/24

SAÍDA 2ºEP - CAMIÑO DE SANTIAGO

ULTREIA! 
O venres 2 de xuño, mentres no cole Infantil e 1º curso se divertían na Convivencia inspirada no Camiño de Santiago, os nenos e nenas de 2º tiveron o privilexio de poñer o broche final ao proxecto de centro deste curso cun reto moi difícil: facer o último tramo do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Foron recibirnos uns peregrinos mois especiais que coas súas cancións nos sinalaron o comezo do tramo dende onde percibíamos, cunha vista fermosísima e moi de lonxe, a Catedral.
Durante o tramo coincidíamos con peregrinos e peregrinas de todas as idades e nacionalidades cos que nos desexabamos mutuamente "bo camiño!", moitos deles saían a aplaudirnos e ata os vehículos nos pitaban! Isto nos daba pulo e ledicia nos nosos pasos. Non o esqueceremos endexamais!
Como tampouco esqueceremos o intre no que chegamos por fin á Praza do Obradoiro e alí sentados puidemos admirar a inmensidade e fermosura da Catedral de Santiago.
ULTREIA!
@vexoveoxacobeo #vexoveoxacobeo #camiñodesantiago #ultreia #bocamiño

CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!

Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia! 
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.

Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.

Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo

OBRADOIRO ALFOMBRISTA

XA ARRECENDE A CORPUS! 
Chegou ese intre do ano no que todo Ponteareas se pon mans á obra, e os nosos alumnos e alumnas de 5° e 6° tamén cun obradoiro no que aprenderon a técnica coa que se fan as nosas famosas alfombras.
#corpusponteareas2023 #arteefímera #alfombrasfloraisponteareas

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº44

Un ano máis, aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Francisco Fernández del Riego.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 44 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada revista 2023   Contraportada revista 2023

POLOS CREATIVOS

Neste último mes probamos 2 novos xogos: Magsmarters e os Mbots
Co Magsmarters podemos explorar e experimentar creando diferentes figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cuadriláteros. Séntese a forza do magnetismo e favorece á creatividade. 
Mbot Bluetooth é un kit STEAM de robótica ideal para que os nen@s se inicien na robótica, programación e Scratch. Neste xogamos ao 3 en raia con eles.
Canto nos divertimos aprendendo!

CONCURSO DE IDEAS CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CENTRO

Nun intento de seguir innovando e mellorando o centro, propoñemos facer unha renovación do nome do cole, e queremos que toda a Comunidade Educativa participe (nenos/as, pais, nais, mestres, persoal do centro, Concello...)

 

Gustaríanos un nome curto, orixinal, relacionado coa vila ou máis concretamente coa zona que ocupa o centro; e libre de ideoloxías, xéneros, culturas... Aínda que tamén podedes enviarnos outros nomes que vos parezan interesantes.

 

Agardamos as vosas propostas ata o 1 de xuño, cubrindo este formulario.

POLOS CREATIVOS

Xa levamos un mes dende que estreamos a aula e puidemos facer dúas actividades moi divertidas: Kapla e microbit.
Kapla é un xogo de creación natural e sostible que desenrola a creatividade, o inxenio, a lóxica e a perseverancia.
microbit é unha placa que foi creada para achegar os nen@s á programación. Neste caso as programaron para xogar a cara ou cruz e a pedra-papel-tesoira.
#poloscreativos #kapla #microbit

CAPTACIÓN DE IMAXES POR PAIS/NAIS EN EVENTOS DO CENTRO

INFORMACIÓN IMPORTANTE no referente á captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes a calquera actividade/evento/festival celebrado no centro ou polo centro noutra instalación, poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Martes 14 de febreiro ás 17:00h

Mércores 15 de febreiro ás 12:45h

Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!

SE ALGUÉN QUEDOU SEN VISITAR O CENTRO, PODE CONTACTAR CON NÓS PARA SOLUCIONAR DÚBIDAS OU AMOSAR AS INSTALACIÓNS.