Articles

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2024/25

No seguinte enlace podedes consultar as programacións didácticas das diferentes materias e niveis: https://www.edu.xunta.gal/proens/

CAPTACIÓN DE IMAXES POR PAIS/NAIS EN EVENTOS DO CENTRO

INFORMACIÓN IMPORTANTE no referente á captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes a calquera actividade/evento/festival celebrado no centro ou polo centro noutra instalación, poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

INSTALACIÓN E REXISTRO DE ABALARMOBIL: VIDEOTITORIAL

No seguinte vídeo poderás ver unha explicación para a instalación e rexistro da aplicación AbalarMobil

CONSULTA DE CUALIFICACIÓNS POR ABALARMOBIL

 A partir desa hora teredes acceso ás mesmas a través dos vosos teléfonos na aplicación abalarMobil.

É preciso que descarguedes e instaledes a aplicación abalarMobil nos vosos teléfonos.

No arquivo adxunto tedes un manual resumido de instalación e consulta das cualifiacións dos vosos fillos/as.

NOTA: Tamén incluímos o arquivo co manual de uso íntegro.