Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Xaneiro 23, 2018 »
Mar

 

Este ano volvemos a participar no plan de consumo de froita fresca nas escolas. Esta campaña consiste na distribución entre o alumnado de froita fresca para fomentar hábitos de vida saudables.

Os períodos de repartición da froita serán os seguintes:

PERÍODO DATA DE INICIO DATA DE FIN DÍAS LECTIVOS

FROITAS

1 15/01/2018 26/01/2018 10

PLÁTANO - MANDARINA - PERA - LARANXA - PLÁTANO

UVAS - PERAS - MANDARINAS - MAZÁS - PLÁTANO

2  9/04/2018 20/04/2018
10

?

?

Recomendamos que nestas datas o alumnado non traia comida da casa posto que nós lle daremos unha peza de froita para comer no recreo.

Start: 23/01/2018

O 1 de febreiro empeza o procedemento ordinario de matrícula para os alumnos/as que cursarán 1º da ESO no vindeiro curso, por este motivo fanse no centro varias actividades.

A primeira parte do procedemento é a reserva de praza no centro adscrito, no noso caso o IES As Lagoas, que se pode facer desde o 1 de febreiro ó 15 de febreiro, ámbolos dous incluídos (tende en conta que os días 12,13 e 14 non son lectivos en educación). A reserva de praza no centro adscrito é voluntaria e supón prioridade neste centro, pero se escolledes un centro distinto o IES As Lagoas para continuar os estudos, non debedes facer esta reserva.

 

Mércores 24 de xaneiro de 2018

Visita o IES As Lagoas por parte do alumnado de 6º de educación primaria para coñecer de primeira man ó director do instituto, as instalacións e algunhas pistas e consellos para empezar ben a etapa de secundaria.

 

Martes 30 de xaneiro de 2018

Charla informativa sobre o procedemento de escolarización para o cambio de Etapa de primaria a secundaria. Todas as familias interesadas neste proceso están convocadas para o martes 30 de xaneiro ás 17 horas na aula de 6º de primaria (aula 10).

A charla será impartida polo director e terá dúas partes

- Aspectos xerais do procedemento de escolarización en 1º da ESO.

- Aclaración de dúbidas.

Powered by Drupal - Design by artinet