|
Estamos situados en pleno centro urbán da cidade, Praza das Mercedes, e a escasos metros dos centros de interese turístico máis emblemáticos da mesma (Burgas, Catedral, rúa dos viños, museos, Praza Maior,...). Así mesmo compartimos edificio coa residencia xuvenil Florentino Cuevillas. |
CEIP As Mercedes - Ourense Praza das Mercedes, S/N 32005 - Ourense |
Código centro: 32009165 T. fixo e fax: 988 68 50 30 Móbil: 693 606 123 ceip.asmercedes.ourense@edu.xunta.es |
Localización
O centro do centro
ÁREA DE INFLUENCIA
Tendo en conta o documento da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, "Áreas de influencia dos centros públicos - Concello de Ourense (2012-2013)", as áreas de influencia do CEIP As Mercedes son as seguintes:
ÁREA DO CEIP AS MERCEDES |
Marxe dereita do río Barbaña dende a ponte de Irmáns Xesta ata a Ponte de Ervedelo. Tramo ponte de Ervedelo ata rúa do Progreso. Rúa Concordia ata rúa Santo Domingo. Rúa Santo Domingo ata rúa Bedoia. Rúa Bedoia ata rúa Emilia Pardo Bazán. Rúa Emilia Pardo Bazán ata rúa da Granxa. Rúa da Granxa ata rúa Serra de Queixa. Rúa Serra de Queixa ata Praza San Cosme. Praza San Cosme por rúa Hernán Cortés ata rúa Bailén. Rúa Bailén ata rúa Barreira. Rúa Barreira ata rúa Doutor Marañón. Rúa Doutor Marañón ata rúa Progreso. Rodea Praza Abastos ata Ponte Irmáns Xesta. |
ÁREA COMPARTIDA CO CEIP A INMACULADA |
Compartimos co CEIP A Inmaculada as urbanizacións de Campello, Acebedo e Cruz Alta. Todas as rúas interiores dentro deste límite. |
ÁREAS LIMÍTROFES |
As áreas de influencia de CEIP Curros Enríquez, CEIP O Couto, CEIP Irmáns Villar, CEIP A Inmaculada e CEIP Mestre Vide. |