Eventos
FONDO LIBROS: Esta semana (do 10 ó 14 de xullo) podedes pasar a recoller os cheques de material ou resolver dúbidas en horario de 10 a 13 horas.
|
|
PRAZOS FONDO DE LIBROS, AXUDA LIBROS E AXUDA MATERIAL |
DATA |
Presentación da solicitude para participar no fondo de libros, axuda libros e axuda material | Ata o 23 xuño |
Devolución dos libros de texto do fondo de libros en préstamo ou adquiridos co VALE de axuda libros (3º a 6º de educación primaria) | Ata o 21 xuño |
Publicación listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS | 10 xullo |
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional | 11 e 12 de xullo |
Publicación listaxe definitiva de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS | 14 xullo |
Recollida do vale de AXUDA LIBROS e AXUDA MATERIAL | do 3 ó 14 de xullo ou en setembro |
Recollida dos libros en préstamo do FONDO DE LIBROS | do 4 ó 8 de setembro |
No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Convócanse axudas para os seguintes colectivos:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2016/17.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especia; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.
- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE
Para participar é importante ler a Orde do 16 de maio de 2017 para coñecer os dereitos e as obrigas das persoas beneficiarias.
As solicitudes presentaranse no centro educativo onde se vaian a realizar os estudos no curso 2017-2018 e o prazo de solicitude é desde o 23 de maio ata o 23 de xuño ámbolos dous incluídos.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Alumnado de EP e ESO.
a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
b) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
d) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
1.2. Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 %: certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
1.3. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.
- Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2017/18.
- Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2017/18, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2016/17. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
- As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
- A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
- A documentación complementaria presentarase de forma presencial, preferentemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade; cando se presente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a solicitude irá acompañada dos documentos orixinais ou copias cotexadas.
- As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2015, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica
ALUMNOS/AS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
VENRES 26 NO AUDITORIO
Calendario de realización da proba:
-
DÍA
QUENDA
COMPETENCIA
CADERNO
LUGAR
HORARIO
TEMPO
30
maio
Preparación
AULA 11
10:30 – 10:50
20’
1
Comunicación lingüística
Caderno 1
AULA 11
10:50 – 11:50
60’
Descanso
PATIO
11:50 – 12:20
30’
Preparación
AULA 11
12:20 – 12:40
20’
2
Matemática
Caderno 1
AULA 11
12:40 – 13:30
50’
31
maio
Preparación
AULA 11
10:30 – 10:50
20’
3
Comunicación lingüística
Caderno 2
AULA 11
10:50 – 11:50
60’
Descanso
PATIO
11:50 – 12:20
30’
Preparación
AULA 11
12:20 – 12:40
20’
4
Matemática
Caderno 2
AULA 11
12:40 – 13:30
50’
Calendario de realización da proba:
-
DÍA
QUENDA
COMPETENCIA
CADERNO
LUGAR
HORARIO
TEMPO
30
maio
Preparación
AULA 11
10:30 – 10:50
20’
1
Comunicación lingüística
Caderno 1
AULA 11
10:50 – 11:50
60’
Descanso
PATIO
11:50 – 12:20
30’
Preparación
AULA 11
12:20 – 12:40
20’
2
Matemática
Caderno 1
AULA 11
12:40 – 13:30
50’
31
maio
Preparación
AULA 11
10:30 – 10:50
20’
3
Comunicación lingüística
Caderno 2
AULA 11
10:50 – 11:50
60’
Descanso
PATIO
11:50 – 12:20
30’
Preparación
AULA 11
12:20 – 12:40
20’
4
Matemática
Caderno 2
AULA 11
12:40 – 13:30
50’
Como todos os anos, todo o alumnado de primaria sae de excursión para pasar unha xornada de convivencia e diversión.
Data: LUNS 5 DE XUÑO
Lugar: Oca Nova Manzaneda.
Prezo: 22€ por persoa.
Inclúe: Transporte, actividades e auga.
Horario:
HORA | ACTIVIDADE |
9:00 | Saída do centro* |
11:00 | Chegada a Manzaneda |
11:00 13:00 |
Actividades con monitores |
13:00 15:00 |
Comida cos mestres/as acompañantes (Cada alumno traerá a súa comida) |
15:00 17:00 |
Actividades con monitores |
17:00 | Saída Manzaneda |
18:30 | Chegada ó centro* |
* IMPORTANTE: A entrega e recollida dos nenos farase no centro.
Actividades
Hai que traer:
- Roupa cómoda e calzado apropiado.
- Gorra e protección solar
- A comida (A empresa de comedor facilitará un picnic para os alumnos/as que estean apuntados ó comedor durante o mes de xuño)
_________________________________________________________________________________________
A excursión é de carácter voluntario. O centro funcionará no seu horario habitual para atender ós nenos e nenas de Educación Infantil e a todos os alumnos e alumnas de primaria que non se apunten a dita excursión.
Se algún pai/nai está interesado en que o seu fillo/a de entre 10 e 14 anos participe no Consello Municipal da Infancia e Adolescencia que se poña en contacto co director antes do venres 9 de xuño. Entre os candidatos elixirase a 2
Aquí podedes ver a carta que enviou o concello ós centros, non vos preocupedes polo prazo (era ata o 26 de maio) porque foi prorrogado.