Como todos os anos, todo o alumnado de primaria sae de excursión para pasar unha xornada de convivencia e diversión.
Data: LUNS 5 DE XUÑO
Lugar: Oca Nova Manzaneda.
Prezo: 22€ por persoa.
Inclúe: Transporte, actividades e auga.
Horario:
HORA | ACTIVIDADE |
9:00 | Saída do centro* |
11:00 | Chegada a Manzaneda |
11:00 13:00 |
Actividades con monitores |
13:00 15:00 |
Comida cos mestres/as acompañantes (Cada alumno traerá a súa comida) |
15:00 17:00 |
Actividades con monitores |
17:00 | Saída Manzaneda |
18:30 | Chegada ó centro* |
* IMPORTANTE: A entrega e recollida dos nenos farase no centro.
Actividades
Hai que traer:
- Roupa cómoda e calzado apropiado.
- Gorra e protección solar
- A comida (A empresa de comedor facilitará un picnic para os alumnos/as que estean apuntados ó comedor durante o mes de xuño)
_________________________________________________________________________________________
A excursión é de carácter voluntario. O centro funcionará no seu horario habitual para atender ós nenos e nenas de Educación Infantil e a todos os alumnos e alumnas de primaria que non se apunten a dita excursión.