Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO - LISTAXES DEFINITIVAS

Estimadas familias,

Xa están dispoñibles as listaxes definitivas de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

Podedes acceder a elas a través da plataforma “admisión alumnado” ou no taboleiro da entrada do centro escolar.

Tamén podedes chamar ao número do centro: 886 15 19 72.

Un saúdo

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO QUE RECIBE A AXUDA

Estimadas familias,

hoxe publicamos a listaxe provisional de admitidos para a distribución de máscaras. Podedes atopar esta listaxe no taboleiro de anuncios da entrada do centro.

A listaxe definitiva será publicada o martes 12 de xaneiro de 2020.

Entrega das máscaras: a entrega das máscaras comezará o martes 12 de xaneiro de 2020. Poderanse recoller nas saídas ou no horario de dirección, publicado na páxina web do centro a principio de curso. Terán que recoller as máscaras os titores/as legais de cada alumno/a (pai, nai).

Moitas grazas

Un saúdo

HORARIOS DIRECCIÓN

Estimadas familias,

neste primeiro trimestre do curso escolar 2020-2021, o horario da dirección do centro será o seguinte:

Luns 12:10 - 12:50

Martes: 9:00 - 10:10

Xoves: 9:25 - 10:10

Venres: 9:00 - 9:25 ; 12:10 - 12:50

Pregamos que pidan cita antes de acudir ao centro.

Un saúdo

HISTORIAIS ACADÉMICOS

Estimadas familias,

Entre os días 13 e 20 de xullo de 2020, en horario de 9:00 a 13:40, poderedes recoller os Historiais académicos dos nenos e nenas que xa remataron a Educación Primaria no noso centro.

Un saúdo

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (2020-2021)

Estimadas familias,

publícase a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para estudar o vindeiro curso académico 2020/21 no CEIP As Bizocas.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar as listaxes das seguintes maneiras:

- Presencialmente no taboleiro de anuncios do centro.

- Telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

MATRÍCULA 2020-2021

 

Lémbrase ás famlias que o prazo para a formalización da matrícula do novo alumnado no  centro para o vindeiro curso 2020-2021 abranguerá:

Dende o 6 ata o 10 de xullo. No horario de 8:40 a 13:40.

 

DOCUMENTOS NECESARIOS:

 

-         

ANEXO III

-         

Certificado de empadroamento (non son válidos os volantes de empadroamento)

-         

Fotocopia do libro de familia (folla do/a  alumno/a)

-         

D.N.I. do/a alumno/a (se o posúe)

-         

Informe médico

-         

Fotocopia da tarxeta sanitaria

-         

Informe de alerxias ou problema de saúde relevantes (se é o caso)

-         

Impresos de información internos do centro (solicitude de matrícula, autorización de imaxes e autorización de saídas á contorna)

-         

Cuestionario de lingua materna (Só alumnado de tres anos).

-         

Fotocopia de documento que acredite a custodia do/a alumna (de ser o caso).

*No caso de separación ou divorcio as solicitudes de admisión e matrícula serán asinadas polos dous proxenitores.

* Os impresos pódense descargar en arquivos anexos.

 

Para calqueira outra dúbida podedes chamar ao teléfono do centro.

 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

XA TEMOS AS LISTAXES DE ADMITIDOS NA ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021.

Debido á lei de protección de datos, non as podemos publicar na páxina web. As listaxes están no taboleiro da entrada do centro, e poderedes chamar ao noso teléfono para informaros: 886151972.

As familias que dispoñan de Chave 365 ou DNI electrónico poderán acceder ás listaxes por medio da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ .

 

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÒN DO ALUMNADO

Estimadas familias:

Restablécese o procedemento de admisión de alumnado. O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Estaremos no horario normal do centro, de 8:40 a 13:40.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR 

- Se desexa realizar o trámite telematicamente pode realizalo dende AQUÍ

- Se desexa achegar a documentación de xeito presencial deberá descargar e imprimir a solicitude (ANEXO II) ou solicitar unha copia en papel no centro, cubrila e entregala na Secretaría do centro xunto coa demais documentación requirida:

Anexo II (solicitude de admisión): Descargar e imprimir, dende AQUÍ (ou solicitar copia en papel no centro).

*IMPORTANTE:

As solicitudes de admisión e matrícula deben estar asinadas polos dous proxenitores no caso de non estar casados, rexistrados como parella de feito ou no caso de separación ou divorcio .  Deberán acompañarse do libro de familia,  fotocopia do D.N.I. do/a alumno/a (se o tivera), certificado de matrícula  do curso actual no que esta o alumno e convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se fora o caso). Se non se autoriza a consulta da documentaciòn por parte da administraciòn os proxenitores aportaràn tamèn fotocopia dos D.N.I.  

LÉMBRASE QUE O CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR E A TER EN CONTA NO CASO DE TER QUE REALIZAR BAREMACIÓN É O SEGUINTE:

- "Domicilio familiar na área de influencia do centro"     

LEXISLACIÓN SOBRE O PROCESO

- DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro

- ORDE do 12 de marzo de 2013

 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017

 

 

Para calquera dùbida lembramos tamèn as vìas de contacto do colexio:

Telèfono: 886 151 972

Correo electrònico: ceip.asbizocas@edu.xunta.es 

 

Un saúdo

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Seguindo as instruccións provisionais da Consellería sobre as medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19, e, en relación co proceso de admisión de alumnado nos centros educativos, infórmase do seguinte:

 

- O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL DE SOLICITUDES FINALIZARÁ UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.

- RECOMÉNDASE A UTILIZACIÓN PREFERENTE DA MODALIDADE TELEMÁTICA PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

COMUNICACIÓN RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA NO IES AS BIZOCAS

Comunícase a existencia de prazas suficientes para atender as solicitudes de reserva efectuadas en prazo por ese centro educativo, para o alumnado que desexa cursar 1º ESO no IES AS BIZOCAS durante o ano académico 2020/2021.

As familias do alumnado que fixeron a reserva en dito centro adscrito non necesitan realizar a solicitude de admisión. Pero si que a deberán facer as familias que desexen escolarizar aos seus fillos/as noutro centro diferente ao I.E.S. As Bizocas.(O prazo remata o 20 de marzo).

Lémbrase tamén que as familias interesadas poderán solicitar no centro correspondente ou telematicamente as axudas de libros e material escolar cando saia a convocatoria e tamén que TODO O ALUMNADO de 6º de primaria deberá realizar no mes de xuño a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA no I.E.S. correspondente (Prazo do 20-30 de xuño).

 

 

AVISO PARA AS FAMLIAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Dende o día 1 de febreiro de 2020 e ata o 15 do mesmo  iníciase o proceso de admisión de alumnadoen centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* ( I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar, ben de xeito manual  a solicitude de reserva de praza que se envía a través do alumnado (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electronico a través da ferramenta informática “admisionalumnado” (o emprego desta aplicación informática é opcional para as familias).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         

Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro esté adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao periodo ordinario (do 1 ao 20 de marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

Distribuir contido


by Dr. Radut