AVISO PARA AS FAMLIAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
Dende o día 1 de febreiro de 2020 e ata o 15 do mesmo iníciase o proceso de admisión de alumnadoen centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.
Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* ( I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar, ben de xeito manual a solicitude de reserva de praza que se envía a través do alumnado (ANEXO I) ou ben facelo de xeito electronico a través da ferramenta informática “admisionalumnado” (o emprego desta aplicación informática é opcional para as familias).
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.
Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:
-
Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).
-
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).
*A circunstancia de que o centro esté adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.
No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao periodo ordinario (do 1 ao 20 de marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).