Dende o día 16 de xaneiro de 2022 e ata o 6 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2023/204.
Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I) ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.
Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).
*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.
No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).