SOLICITUDE BECAS NEAE
No BOE do 26 de abril saiu a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Poderedes solicitar esta beca no caso de que o fillo/a asista o próximo curso 23/24 a algún gabinete para reeducación pedagóxica ou da linguaxe con algún logopeda ou pedagogo privado e que lles supoña o abono dunha cuota mensual.
As familias que o soliciten deben tramitalo por internet na seguinte dirección www.educacionyfp.gob.es:
- Deberán acceder co DNI e o controsinal do curso pasado.
- Se é a primeira vez que solicitan beca deberán rexistrarse, se é posible, co DNI do alumno/a.
O prazo para solicitar as becas vai do luns 8 de maio ata o 20 de setembro. A documentación presentarase no colexio xunto co informe do centro no que van solicitar terapia así como o impreso co número de conta do alumno/a facilitado pola entidade bancaria