Queridas familias:
Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebraremos o Entroido no centro, as actividades comezarán o venres 14 coa colocación do noso Meco e a primeira copla de Entroido.
As ordes serán as seguintes:
LUNS 17: Deportes
“Se en forma queres estar
Algún deporte deberás practicar”.
MARTES 18: Profesións
“Mestr@? Perruqueir@? Futbolista?
Trae algo para adiviñar
ao que de maior te vas dedicar!”
MERCORES 19: Superheroes e superheroínas.
“Se deste día queres desfrutar
en superheroe ou superheroína te deberás transformar”
XOVES 20: Día libre.
“O xoves escolles ti!!!
Do que che apeteza poderás vir!”
VENRES 21: O mar.
“Chegou o día grande!
Hoxe todos imos desfilar,
converteremos a Sangriña no fondo do mar!”