A ANPA (https://anpaasangrina.com/) está promovendo un programa de igualdade ó que titulan "Mulleres Pioneiras" co obxectivo de visibilizar as mulleres e as nenas promovendo unhas relacións respectuosas e en igualdade. Esta actividade está financiada integramente pola Secretaría xeral da Igualdade e o Ministerio de Igualdade.
Desde este proxecto, nace a fermosura de mural que está pintado no patio do que é autora TAMARA BAZ (https://www.tamarabaz.com/) ,deseñadora gráfica e ilustradora local, autora doutros murais que locen na Vila.
E...quen é esta muller que vedes na imaxe de espaldas? pois...unha muller pioneira claro!!!...EDURNE PASABAN
Foi a segunda muller na historia en ascender os 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima terceira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, desde a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma o 17 de maio de 2010.
Máis detalles nesta biografía...
https://www.mujeresnotables.com/2018/05/17/biografia-de-edurne-pasaban-montanista-espanola-subio-a-14-ochomiles/