Skip to Content

CELEBRACIONS

MÉRCORES DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Como nos gustan os contos!!!!

Canto nos "mola" ler!!!

Pois...libros e contiños viaxaron hoxe polos corredores e as aulas do Centro. Adiviñaredes os personaxes?

 

MARTES DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Hoxe enchemos A Sangriña de deportistas!!!!Xa sabedes que a práctica dun deporte a calquera nivel ten múltiples beneficios..

Mirade...mirade...de todo tipo... 

LUNS DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Xa chegou...

O Entroido xa está aquí...

con OFICIOS E PROFESIÓNS 

comezou a nosa celebración!!!

 

Aquí deixamos as imaxes...E ti...que queres ser de maior? 

ENTROIDO A SANGRIÑA 2022

Estimadas familias:

Coma xa ven sendo tradicional, a vindeira semana celebraremos, con todas as precaucións e gardando as medidas aplicadas polo protocolo COVID, o...

Dende o EQUIPO DE EXTRAESCOLARES, organizador do evento dannos estas consignas:

LUNS:

E ti...que queres ser de maior?

con OFICIOS E PROFESIÓNS comezaremos a nosa celebración.

 

MARTES:

En DEPORTISTA hoxe

teraste que convertir.

Cal queres ser?

 

MÉRCORES:

Érase unha vez

un cole cheiño de libros e contos...

Que PERSONAXE serás?

 

XOVES:

Brillarás coma unha estrela

con ese disfrace de ARTISTA.

Atrévete e brilla!!!

 

VENRES:

E para rematar...

do QUE CHE VEÑA BEN

poderás hoxer vir!!!

 

 Coma traca final teremos en directo a queima do MECO!!!

VISITAS DO NADAL

Rematou o trimestre...e que mellor maneira de pechalo que vendo a ilusión das nosas nenas e nenos cando recibiron dúas visitas que so aparecen no Nadal...

Chegado dende terras do Caurel apareceu polas aulas ...o APALPADOR!!! que, como sabedes trae castañas para agasallar pero...esqueceunas na súa casa da montaña e como non quixo chegar coas mans baleiras, repartiu...caramelos!!!! Canto lles gustaron...Mirade mirade...

E a visita máis esperada polos máis pequechos esperounos ó lado da árbore...sorpresa!!!! Papá Noel chegou!!! Que alto e que barba tan longa!!!...un a unha foi recibindo ás nenas e nenos que lle pedían cousas e  mirábano con ollos de sorpresa e emoción e ata algo de medo...ah!!! e recolleu as súas cartas...que emoción!!!!

Pois...toca despedirse xa rapazada!!!!

Portádevos moi moi ben. Ata o vindeiro anoooooo HOHOHOHOHOHO

FELICITACIÓN NADAL 2021

Rematado o 1º trimestre e sentindo xa ben cerquiña as festas, o Claustro de mestras e mestres do CEIP A SANGRIÑA quere desexar á comunidade educativa un moi feliz Nadal e que o Aninovo 2.022 veña cheiño de boas cousas, en especial nestes tempos de incerteza, de saúde.

ODAIKO. PERCUSIÓN

22/11/2021 17:03
Europe/Madrid

Como proposta do CEIP AS SOLANAS para celebrar o día de Santa Icía, patroa das músicas e músicos, xuntámonos os tres Centros escolares públicos da Guarda nesta actividade conxunta para asistir a un espectáculo de percusión a cargo do grupo ODAIKO (https://odaiko.es/) tratando de achegar o ritmo as nenas e nenos de forma atractiva e humorística.

O espectáculo combinou instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasaran en grande.

Despois de moitos meses sen poder asistir a estas actividades,  enchemos de cor, de alegría e de voces infantis o auditorio de San Bento. Estas son as imaxes que o demostran:

 

PREMIADAS NO CONCURSO DE CABAZAS

Polo Samaín convocouse un concurso de cabazas do que xa informamos nesta web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1137

O xurado resolveu premiar a Sabela de 1º curso, Andrea de 2ºcurso, Valentina de 3º B e Julia B. de 5º pola orixinalidade das súas cabazas.

Aquí as tedes algo tímidas...

...recollendo o seu agasallo de mans de Isabel Lomba, a directora do Centro.

PARABÉNS ÁS NOSAS ARTISTAS CABACEIRAS!!!!!Risa

ACHÉGASE O MAGOSTO

Prezadas familias:

Dende o equipo de extraescolares, comprácenos comunicarvos que o vindeiro venres día 5 de novembro imos celebrar o

e prevese bo tempo!!!!

Como ven sendo habitual, pedimos a vosa colaboración traendo castañas, xa picadas, preparadas para asar, durante o xoves e o venres. Agradecemos  de antemán, a aquelas familias que contribúian (se é posible) cun par de rachas de leña para as brasas.

Para ese día temos organizada unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS, cunha pequena representación deles, prestados por Cándido Mascato García, quen está a facer un gran labor de recompilación de xogos tradicionais galegos. Podedes consultar na súa páxina de Facebook...XOGOS POPULARES NO GROVE onde aparece dita recompilación e as instrucións de cada xogo.

          https://www.facebook.com/Xogos-populares-no-Grove-591346021004455/

GRACIÑAS!!!!

IMAXES DO SAMAÍN NA SANGRIÑA!!!

Aquí estamos todas e todos vestidas para esta festa máxica que tanto gusta!!! A maioría gozamos mooitooo coa entrada cheiña de sustos e música. Moitas grazas ás familias por levantarse un chisco máis cedo para vestir, maquillar e deixar ben terroríficos ás nosas nenas e nenos.

Ata o próximo Samaínnnnn!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut