Skip to Content

3º Educación Primaria

TAREFAS DE RELIXIÓN DO 9 AO 19 DE XUÑO

AQUÍ ESTÁN AS ACTIVIDADEDS DE RELIXIÓN PARA A PRÓXIMA QUINCENA.

ÁNIMO NENAS E NENOS!!!

CLICADE NO ARQUIVO CORRESPONDENTE!!

UNHA APERTA VIRTUAL DA PROFE CHUS

 

SAÍDA DOS NENOS DE 3º E 4º AO TEATRO AFUNDACIÓN EN VIGO

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria foron este martes  19 de novembro acudiron ao teatro Afundación en Vigo parfa ver a obra musical Gaia. Nesta obra os nenos e as nenas proximáronse o coñecemento do medio ambiente dende unha óptica imaxinativa na que se combinoui danza, imaxes e voz.

Unha obra preciosa que lles encantou!!

O COLE CUMPLE 40 ANOS!!

O Cole cumple 40 anos!
No ano 1.979 iniciouse o longo camiño, que chega ata o día de hoxe, do Colexio A Sangriña. O seu nome inicial foi Colexio Público Comarcal de E.X.B A Sangriña e na actualidade a súa denominación é Centro de Educación Infantil e Primaria A Sangriña.
Dende entón foron moitos os/as alumnos/as e mestres que participaron neste longo recorrido. Xuntos escribiron a súa historia que esperamos siga forxándose durante moitos anos máis.
Queremos compartir esta celebración con tódolos antiguos alumnos, nais, pais e mestres que aquí conviviron.
FELIZ  40 ANIVERSARIO!

A SANGRIÑA PARTICIPA NA MARCHA VERDE!!

O PASADO 27 DE SETEMBRO HOUBO UNHA FOLGA MUNDIAL POLO CAMBIO CLIMÁTICO. NA GUARDA OS CENTROS QUE PARTICIPAN EN VOZ NATURA DECIDIRON QUE OS NENOS E AS NENAS DEBERÍAN APOIAR DITA FOLGA, POR ISO PREPARAMOS UNHA MARCHA VERDE DENDE CADA CENTRO CON PANCARTAS FEITAS POR ELES ATA CASTELO DE SANTA CRUZ.

A HORTA DA SANGRIÑA!!!

A HORTA DA SANGRIÑA  

UN ANO MÁIS ESTÁ DE VOLTA! 

Este ano continuaremos co proxecto “Un patio cheo de vida” que se iniciou o ano pasado. Pouco a pouco o profesorado do centro, coa colaboración do alumnado e das familias, está mudando o mesmo. 

A finalidade é lograr que o patio sexa un espazo dinámico, no que se contribúa ao desenvolvemento das competencias clave, dende unha perspectiva lúdica. 

Os resultados do ano pasado foron moi positivos!!! Como podedes recordar cultivamos leitugas… Polo que   durante este mes comezaremos a plantar produtos típicos do outono. Xa que estamos cheas e cheos de enerxía e ganas!!! 

Pero antes as mestras e mestres tivemos que poñernos mans á obra…  

 

 

MIRADE COMO ESTABA ANTES...

EXCURSIÓN A SANTIAGO

FIXEMOS UN TRAMO DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Fixemos un tramo do camiño!! Clica na imaxe 

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS

Convidad@s polo Concello da Guarda, asistimos a un espectáculo musical a cargo de MAGÍN BLANCO  e "A BANDA DAS APERTAS"
 
 
 
 

 

 
 
 
Como era no auditorio de San Bento,  os nenos maiores acompañamos ós mais pequenos....e alá fomos moi decididos a desfrutalo moitooooo

 

 

En canto chegamos ao auditorio, sentamos para esperar a chegadas dos demais nen@s de todos os coles da Guarda.


e mentres....
 

 
Comezou o espectáculo e pasámolo pipaaa


 

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS SOBRE A PDI VIVE O CAMIÑO

 

O resultado das investigación que levamos feitas sobre o PDI  VIVE O CAMIÑO, relacionado co Camiño Portugués pola Costa, deixámolas plasmadas en diversos murais e libros.
 

 

 
Xunto cos outros centros da localidade fixemos esta exposición común.
 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 




 
 
NON DEIXES DE VISITALAAAAAA
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

 

A semana pasada tivemos unha xornada de Educación Viaria a cargo da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil de Tráfico de Porriño.


A primeira das actividades que nos tiñan preparadas, foron  unhas charlas moi interesantes, intensas e axeitadas as diferentes idades dos alumnos de primaria, polo do sarxento Daniel Castelo. Nelas foinos explicando e recordando moitas das normas de seguridade  e sinais de circulación que temos que coñecer e cumprir tanto cando imos cos nosos pais e avós no coche,  cando imos en bici e mesmo cando somos peóns.

 
O que máis nos chamou a atención, foron algún dos vídeos que nos puxo, porque nos fixeron pensar nalgunhas das cousas que facemos mal por costume ou que non coñecíamos e das consecuencias irreparables que poden ter como cando baixamos do bus, onde por as mochilas e outros materiais para que en caso un choque non nos firan.
Foi unha charla xenial e que nos gustou un montón!



 
A seguinte das actividades, era un circuíto que nos tiña montado no patio. Os alumnos de 5º e 6º fixemos o percorrido en karst, e o resto de primaria en bici e os de infantil en patinete, triciclo, bici...


Estabamos desexando empezar!
En canto nos chamaron, rapidamente nos puxemos os chalecos, cascos e aos karts… cintos postos e a conducirrr!!



 
Alí puxemos en practica todo o que nos explicara Dani na charla pero, algún de nós, polos nervios, por non controlar ben os pedais, ou porque o compañeiro de diante freaba de súpeto chocamos. Tamén nos esquecemos dalgún sinal.


 
Para rematar a xornada, os gardas civís Miguel e Miguel Gil, estaban esperándonos cos seus vehículos de traballo, un coche de tráfico e unha moto.


Explicáronos e deixáronos entrar no coche, ver onde teñen as emisoras e como funcionan, por as luces de emerxencia, as serenas, a megafonía e tamén vimos o maleteiro coas sinais que utilizan cando teñen que ir a un accidente para axudar os accidentados e evitar outros accidentes.
 



 

E como remate, subimos a motooooo e..... 

















Que divertido foi descubrir que teñen megafonía, que solo son para unha persoa porque  tamén levan unha emisora e megafonía.
  
Foi un éxito total!!!!
Solo nos queda dar as grazas a DXT e a Garda Civil de Tráfico por deixarnos ter esta xenial experiencia!!.
 
Vídeos resumo por cursos:
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut