Skip to Content

Actividades

AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS NA HORTA

As nenas e os nenos de 4 anos xa comezaron a plantar na horta; o martes prantaron leitugas e o xoves cenouras. Aquí vos deixo a reportaxe das leitugas!! traballaron moitísimo e todos e todas poderedes acercarvos cos nenos e nenas a ver a horta a saída do cole, sen ningún problema!!

Espero que vos guste!!

 

 

 

ENTROIDO 2021

Aquí están as fotografías do entroido 2021 ; pasámolo xenial e disfrutamos moito ao longo de toda a semana. Na reportaxe saen as fotografías do último día na que tivemos que vir disfrazados do espacio:

 

CARAMELOS POLA PAZ

Este ano o equipo de convivencia do cole organizou un actividade moi bonita para conmemorar o día da Paz: caramelos pola paz. Cada neno elaborou o seu propio caramelo e escribiu nel unha mensaxe de Paz para levar para súa casa. Ademáis os nenos e nenas de 4 anos fixeron botellas de paz, os de 5º e 6º traballaron a canción  "Imagine" de John Lennon, os de 5 anos debuxaron o planeta terra rodeada de nenos dándose  a mán, os de segundo fixeron con papiroflexia as pombas da paz, etc.

Aquí está a reportaxe fotográfica con algúns dos traballos feitos, esperamos que vos guste!!

 

FELICITACIÓN NADAL 2020!!

Terminamos un ano atípico que marcou un antes e un depois nas nosas vidas; terminamos un ano sen o  festival, que tanto nos facía disfrutar, sen chocolatada, sen bicos, sen apertas... pero, eso sí, sen perder o soriso e a ilusión polo Nadal . Puxémonos todos guapos para despedir este ano cas badaladas e cos lacasitos (mantendo , eso sí, todas as medidas de seguridade) e fixemos unha búsqueda do tesouro na que disfrutamos moito deste último día de curso antes das vacacións de Nadal.

As nenas e os nenas e o claustro deséxanvos Unhas felices festas cheas de paz, ledicia e sobre todo de saúde!!!. Coidádevos moooito e aquí vos deixamos a nosa felicitación navideña, chea dos nosos nenos e nenas vestidos cas súas mellores galas !! 

Esperamos que vos guste:

 

 

 

Entrada arrepiante

O noso venres de samaín é unha data na que moitos dos nosas rapazas e rapaces esperan con ilusión e porque non dicilo, cun pouquiño de medo. Pero como son curiosos por natureza propia....atrévense  con todo. E para mostra, esta entrada arrepiante. 

SAÍDA AO MONTIÑO DAS NENAS E NENOS DE 4 ANOS!!!

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS CELEBRARON A CHEGADA DO OUTONO CA SAÍDA AO MONTIÑO. XOGARON A TIRAR AS FOLLAS, XOGARON COS PAUS E DISFRUTARON DUN DÍA DIFERENTE EN CONTACTO CA NATUREZA E COS TODOS OS COMPAÑEIROS DE CLASE.

UNHA XORNADA ESPECIAL QUE QUEDA REFLEXADA NESTA RESPORTAXE:

 

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

DEBIDO AO CURSO "ESPECIAL" NO QUE NOS ATOPAMOS , TODOS OS MESTRES/AS PRECISAN TER UNHA REUNIÓN INICIAL CAS FAMILIAS, ANTES DO COMEZO DAS CLASES,  PARA EXPLICAR O NOVO PROTOCOLO COVID ENTRE OUTROS PUNTOS A TRATAR.

OS HORARIOS, A DATA E O LUGAR SON OS SEGUINTES:

3 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 13:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.

4 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS.

5 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS  11:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.

 1º PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 9:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS

2º A PRIMARIA: LUNS 7 SETEMBRO AS 10:00 NA AULA (no primeiro piso)

2º B PRIMARIALUNS 7 SETEMBRO AS 12:00 NA AULA (no primeiro piso)

3º A PRIMARIA: MARTES 8 DE TEMBRO AS 12:00 HORAS NA AULA (2º PISO)

3º B PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 10:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS

4º PRIMARIA: MARTES 8 A LAS 11:00 HORAS NO SALON DE ACTOS

5º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 10:30 NO SALÓN DE ACTOS

6º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS

 

LEMBRADE:

UN FAMILIAR POR NENO/A

UN SAÚDO E MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

IMPRESIONANTE!!! LAND ART SANGRIÑA!!

GRAZAS A TODAS E A TODOS POR ENVIAR ESTAS FERMOSAS OBRAS DE ARTE!!! SEN DÚBIDA SODES UNS ARTISTAS XA QUE DENDE AS VOSAS CASAS, DENDE A PRAIA OU DENDE CALQUEIRA LUGAR PODEDES FACER ESTAS MARABILLOSAS  MANDALAS!! NORABOA A TODAS E E A TODOS!!

 

ESPERO QUE VOS GUSTE ESTE VÍDEO:

 

UNHA APERTA VIRTUAL

LAND ART PARA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE

MAÑÁ VENRES 5 DE XUÑO É O DIA DO MEDIOAMBIENTE, UN DÍA MOI IMPORTANTE, PROPÓÑOVOS QUE FAGADES UN POUCO DE LAND ART!!!

 

O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artistícas en espacios naturais usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.

A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podemos usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.

Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.

 

A obra pode ser pequeniña ou moi grande!!! non hai límites

 

DESPOIS FACERLLE UNHA FOTO E A ENVIADES A lucilipa@hotmail.com

(unha foto soamemnte a mandala e a outra cos vos, os artistas da obra).

TODO VAI SAÍR BEN!!

AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS FIXERON ESTES PRECIOSOS MURAIS PARA LEMBRARVOS QUE TODO VAI A SAÍR BEN E QUE, EN BREVE, ESTAREMOS TODOS E TODAS DE VOLTA NA ESCOLA!!

Distribuir contido


by Dr. Radut