BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
XORNADAS INICIACIÓN Ó ATLETISMO. 4º PRIMARIA
Versión para imprimir
XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada a práctica do deporte.
Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, organizado polo profe Jorge de E.Física, o alumnado de 4º de primaria gozou no patio dunhas xornadas de iniciación ó atletismo.
Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a súa calidade de vida.
Ademáis gozaron moito da actividade como se pode comprobar nas imaxes: