BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
FROITA E LÁCTEOS NA ESCOLA
O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.
Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.
O Centro está participando en dúas modalidades e nos recreos pódese ver ó alumnado consumindo estos alimentos:
Froita na escola: Fomento do consumo de froitas frescas de tempada: mandarina, uvas, mazas e plátanos, peras, kiwi, arandos, frambuesas, laranxas.
Lácteos na escola:Fomento do consumo de leite.