BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
VISITA POLA VILA DO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA
O mércores 15 de maio os alumnado de 4º de primaria, acompañados das súas mestras, fixeron unha saída pola vila.
O obxectivo da saída era obter información para avanzar no traballo que están a facer, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.
Comezou a mañá camiñando ata o porto. Alí esperaba o secretario da confraría para mostrarnos a lonxa e o seu funcionamento.
Durante a visita puideron desfrutar tamén da compaña dun mariñeiro en activo e dun mariñeiro xubilado ós que lles puidemos facer moitas preguntas.Foi estupendo!
Ó saír, xa con apetito, tocou o turno da merenda. Sitio inmellorable, no porto, o bo tempo acompañaba.
Logo acercáronse ó restaurante “Porto Guardés” e alí amablemente explicaronlles como é o funcionamento dun restaurante.
Seguiron camiño... seguinte parada moi cerca... a Praza de Abastos. Alí esperaba a técnico de turismo do concello da Guarda que lles explicou todo o referente ó edificio da praza e gozaron nos postos de peixe facendo preguntás ós praceiros.
E para rematar a mañá parada no supermercado e alí puideron ver, na peixería, outro destino dese produto tan da nosa vila.
Foi un día moi completo no que aprendemos e á vez desfrutamos moitísimo.
O noso agradecemento á confraría da Guarda, en especial ao secretario da mesma, que fixo que a visita fose xenial, a Luis e Jose, mariñeiro xubilado e mariñeiro en activo que nos falaron da vida no mar, a Antonio, do restaurante “Porto Guardés”, ao concello da Guarda, a concelleira e á técnico de turismo que nos guiou na praza e ós comerciantes.