BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
CALCETÍNS DESPARELLOS PARA VISIBILIZAR A SÍNDROME DE DOWN
Versión para imprimir
O 21 de marzo, data que sinala a chegada da primavera no noso hemisferio, tamén é o día da poesía e o día mundial da Síndrome de Down.
E neste día, tal como nos propuxeron desde IGUALA-T enchemos as aulas de calcetíns desparellos, de distintas cores e estampados coa intención de reivindicar o valor da diversidade,para facer visible que non hai ningunha persoa que sexa idéntica a outra, que todas as persoas somos distintas e posuímos idénticos dereitos, residindo nesa diferenza a maior riqueza dunha sociedade diversa e inclusiva.
Aquí deixamos as imaxes:
Rematamos cuns calcetíns xigantes feitos polas nenas e nenos de 5 anos.