BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
21 MARZO. DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
O día Mundial da Síndrome de Down foi promulgado polas Nacións Unidas no ano 2011 e trata de concienciar sobre este trastorno e de atopar formas de mellorar as súas vidas.
Deixamos aquí un Vídeo animado elaborado pola Federación DOWN GALICIA no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual.
Este ano, en Down España quixeron que a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro luns 21 de marzo, sexa toda unha homenaxe de agradecemento aos centos de miles de persoas que, desde o seu anonimato e sen esperar nada a cambio, fan a vida das persoas con síndrome de Down máis fermosa. Por iso, o noso lema para o noso gran día deste ano 2022 é:
#GraciasPorTanto.
Dende o Centro e, proposto polo CONTRATO PROGRAMA IGUÁLA-T unímonos a esta celebración traendo este luns ven visibles un calcetín de cada cor ou estampado como forma de concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade, poñendo en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.
Queremos, o luns, encher o Centro de calcetíns de todas as cores e estampados. Axúdasnos?