Skip to Content

SOLICITUDES ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

Versión para imprimir

Este procedemento afecta a todos aqueles alumnos/as de nova admisión no centro:

Alumnos/as de 5º de Educación Infantil (Clase de 3 anos) ou a aqueles alumnos/as que se queiran incorporar noutros cursos nos que exista vacante.

PRAZO: do 1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN:

  • IMPRESO SOLICITUDE  que se facilita na Secretaría do centro ou que se pode cubrir na páxina de Portal Educativo>Admisión de Alumnado (que de momento está pechada ata que se abra o prazo) ou con Certificado Dixital na aplicación que hai na mesma páxina. En canto esté dispoñible colgaremos a ligazón.
  • FOTOCOPIA DNI do pai, nai e alumno/a. Se o alumno non tivera DNI entregarase a fotocopia do libro de familia onde figura. 

Todas as familias que desexen información do centro ou sobre calquera dúbida relativa ao proceso poden porse en contacto co Secretario preferiblemente en horario de recreo (entre as 11:00 e as 12:00) para acordar unha cita persoal. Tamén estamos dipoñibles para atendervos os Martes pola tarde no horario de 15:30 a 18:00. Recomendamos esta última opción.

Teléfono Secretaría 886 110 081



page | by Dr. Radut