Skip to Content

MELLORAS NO PATIO!!

Versión para imprimir

O noso centro leva anos tentando mellorar o patio escolar; partiu dun proxecto que ten como título "Un patio cheo de vida" que comezou ca plantación das árbores, ca creación da Horta da Sangriña e da transformaión dun antigo patio de fútbol nun patio con diferentes espazos, tentando mellorar a calidade educativa deste.

Este curso o centro mercou un parque e unha casiña cun teito para escalar novo que o Conecello colocou e que agora todo o cole espera con ilusión e entusiamos  poder disfrutar del.

 

 

E xa levábamos tempo na procura dun espazo exterior para poder dar clase, para poder sentarse a leer un conto, a debuxar, para facer equilibrios, etc. Así que falamos ca Comunidade de Montes de A Guarda para que nos donase uns troncos para facelo pero despois de analizalo ben decidimos  facelo con  madeira tratada, reciclada do paseo marítimo da Guarda; xa que é mais duradeira e segura. Despois de meses de espera por fin hoxe viñeron acolocalo e quedou precioso:

 

Moitas grazas a Comunidade de Montes de A Guarda, ao Concello e a Dirección do centro por todas estas melloras para os nosos nenos e nenas.

 



page | by Dr. Radut