Skip to Content

IMPRESO PERSOAS AUTORIZADAS A RECOLLIDA DE ALUMNADO

Versión para imprimir

Hoxe entregouselle ao alumnado o impreso para autorizar a persoas diferentes aos proxenitores para a súa recollida tanto no centro coma na parada de transporte.

É moi importante que o impreso se devolva ao centro cumprimentado e asinado.

As familias que non queiran autorizar a ningunha outra persoa tamén deben entregar o impreso asinado, deixando ese espazo en branco.

O alumnado que curse 5º e 6º de primaria o vindeiro curso pode estar autorizado a saír do centro polo seu propio pé, a baixar na parada de autobus sin que ninguén o recolla e a levar consigo a irmás/irmáns menores.

Para calquera dúbida, poden porse en contacto coa Secretaría do centro en horario de 8:30 a 9:25 e de 11:10 a 11:30.

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.



page | by Dr. Radut