BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021-2022
Alumnos de 6º de Educación Primaria
Estes alumnos deberán formalizar a reserva de praza para 1º ESO do curso 2021-2022 durante o mes de xaneiro de 2021 sempre e cando vaian a cursar os seus estudos no IES A Sangriña.
Documentación necesaria:
- Impreso facilitado polo centro
- DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia
Se algún alumno/a decide non cursar 1º de ESO no IES A Sangriña terá que no mes de marzo (do 1 o 22 de marzo) solicitar praza no centro que considere e non debe entregar a documentación citada no primeiro apartado pero sí comunicar ao CEIP A Sangriña esa decisión.
Alumnos de Educación Infantil e de 1º, 2º,3º,4º e 5º de Educación Primaria
Entregarán no centro durante o mes de xaneiro o impreso de ACTUALIZACIÓN DE DATOS E RESERVA DE PRAZA que se lles enviou estes días a través dos seus fillos.
Novos alumnos/as para o curso 2021-22
Tódolos alumnos que desexen incorporarse a este centro no vindeiro curso 2021-22 terán de prazo para solicitar a Admisión neste centro dende o día 1 ao 22 de marzo.
Documentación necesaria
- Solicitude de Admisión (facilítase no centro)
- DNI do pai, nai e alumno/a
- Se o alumno non tivera DNI fotocopia do libro de familia da súa páxina
Se necesitan aclarar calquera dúbida ou información complementaria poñerse en contacto co centro no número 886-110-081 preferentemente entre as 8:35 e as 9:25 de luns a venres ou os martes pola tarde en horario de 15:30 a 17:30