BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
Eventos
Como proposta do CEIP AS SOLANAS para celebrar o día de Santa Icía, patroa das músicas e músicos, xuntámonos os tres Centros escolares públicos da Guarda nesta actividade conxunta para asistir a un espectáculo de percusión a cargo do grupo ODAIKO (https://odaiko.es/) tratando de achegar o ritmo as nenas e nenos de forma atractiva e humorística.
O espectáculo combinou instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasaran en grande.
Despois de moitos meses sen poder asistir a estas actividades, enchemos de cor, de alegría e de voces infantis o auditorio de San Bento. Estas son as imaxes que o demostran:
A discapacidade NON é unha enfermidade, é unha condición que pasa desapercibida si eliminamos as barreiras do entorno.
Dende o CONTRATO PROGRAMA IguálaT chéganos esta interesante proposta para que este día non pase sen reflexionar co noso alumnado.
Obxectivos:
- Dar a coñecer ao alumnado o significado de discapacidade ( diversidade).
- Promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional en diferentes ámbitos da vida cotiá.
- Concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas das diferentes realidades do mundo que nos rodea.
Actividades propostas:
Para comezar e aproximar ó alumnado ó día que debemos conmemorar, cada titor ou titora proxectara na súa aula, os días anteriores a celebración, uns cortos ou audiolibros, adaptados a idade do alumnado.
Para infantil suxírense os seguintes:
*Mis amigos especiales : https://www.slideshare.net/albertodepablo/cusersfideldesktop25-aniversariomis-amigos-especiales
*El cazo de Lorenzo. https://youtu.be/nSh_KGiYjqk
* Monstro rosa https://www.youtube.com/watch?v=AljPBaB5I4A
Para 1º 2º e 3º de primaria os que se indican a continuación:
* Tamara https://www.youtube.com/watch?v=foRUY2l4-3I&t=62s
* Pip Universidade Canina https://www.youtube.com/watch?v=W2E9DBeOhVU
* Conociendo el mundo con otro sentido https://www.youtube.com/watch?v=63S7mi3fM-I&t=297s
En 4º 5º e 6º:
* Cuerdas https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw
* El regalo https://www.youtube.com/watch?v=-iPuxBAkUYg&t=4s
* Ian https://www.youtube.com/watch?v=OHma93eZiBY
* Lo incorrecto https://www.youtube.com/watch?v=SBLiBLb23ZA
O propio dia 3 de decembro levarase a cabo unha serie de actividades das que daremos conta tamén.