BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
Eventos
O comedor escolar é un servizo complementario que se ofrece, con carácter xeral, de setembro a xuño, contribuíndo a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
Iniciado o curso coa normalidade que nos permite a pandemia queremos mostrar as imaxes do Comedor escolar da Sangriña, por suposto cumprindo todas as medidas e protocolos.
Un curso máis renovamos a nosa participación en VOZ NATURA, programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia co que intentamos poñer o noso gran de area no medioambiente.
A primeira acción deste curso é o empeño en eliminar o plástico dun so uso...
Toda a información no tríptico que vedes a continuación e que compartimos nas aulas co alumnado.
Outra novidade moi interesante para este curso chega desde a asignatura de Inglés. Temos un curso máis un auxiliar de conversa que acompaña ás dúas teacher, Linda e Angie nas súas clases para posibilitar a práctica da conversación oral en inglés apoiando ó alumnado para a mellora da lingua oral.
Presentamos a MITCHELL ENGLISH.
Aquí o vemos na aula de 6º facendo o seu traballo en grupos pequenos:
Magnífica experiencia que, sen dúbida aproveitará o alumnado!!!!