Xornada de convivencia Juan XXIII

O martes 17 de outubro a rapazada dos dous grupos de terceiro fomos visitar o centro Juan XXIII de Cangas nunha xornada de convivencia.

Nun primeiro momento, a directora nos sensibilizou sobre o tema da discapacidade e logo levounos a visitar todo o centro.

Ao remate da visita, repartímonos en 6 grupos e cada un deles participou en dous diferentes talleres, amenizados por todos os traballadores e usuarios do centro.

Os talleres eran os seguintes:

1. OBRADOIRO DE CARPINTERÍA E XOGOS DE MADEIRA

2. OBRADOIRO DE MANIPULADOS e COMUNICACIÓN EN L.S.

3. OBRADOIRO DE MEMORIA e EMOCIÓNS

4. OBRADOIRO DE EUROS E COCIÑA

5. MANTEMENTO FÍSICO e RELAXACIÓN MULTISENSORIAL

6. OBRADOIRO DE MANUALIDADES e BISUTERIA

 

Ao rematar cada obradoiro, obsequiaronnos cun agasallo: un diploma ou unha manualidade realizada no propio taller.

A merenda foi seguida por un ratiño de xogos no que os rapaces seguiron interactuando cos usuarios do centro e todos o pasamos moi ben!

Para rematar, xuntámonos todos para unha valoración da xornada que foi unánime: a todos nos encantou!

A sensibilización nos parece indispensable para unha sociedade máis inclusiva, respetuosa e chea de valores porque… Todos somos iguais aínda que todos somos diferentes!