VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.