FOMOS AO CORRELINUA!!!!
E como non hai dúas sen tres... o venres, ademais de SAMAÍN, tivemos CORRELINGUA!!!
Esta é unha festa que cada ano celebramos para compartir a ledicia de ter a lingua galega, para sentirnos orgullosxs dela, para mimala coma un tesouro, como o máis fermoso dos monumentos!!!
Porque, como di Paco Nogueiras:
“En galego falo, en galego sinto,
en galego canto. Sabes que non minto!
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo,
Meu o mundo é!”
Este ano, por mor da pandemia, a festa consistiu nun concerto que se celebrou no Centro Social do Mar e o noso foi o cole invitado!!! A rapazada doutros coles tivo que velo a través de Internet.
Asistimos 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Cantaba un grupo que se chama MÚSICA MIÚDA e presentaba Fran Rey, un mago moi simpático que nos fixo algúns trucos abraiantes!!!!
CANTAMOS, BAILAMOS, cadaquén diante do seu asento para respectar os “grupos burbulla”, e pasámolo moi moi ben!!!
ENCANTOUNOS PARTICIPAR!!!
Ao rematar, agasalláronnos cunha mochila co deseño do cartel e o lema deste ano: “INMUNÍZATE CO GALEGO!!!”
Nesta ligazón que colgou o Concello na súa páxina pódese ver o concerto enteiro:
https://www.youtube.com/watch?v=JyD7gUR_XwQ