CELEBRANDO A PAZ

O xoves 30 de xaneiro 2020 celebramos o Día da Paz na nosa escola.

Por mor do tempo o alumnado de infantil non puido achegarse ao centro de primaria pero aínda así se xuntaron para cantar e celebrar.

O alumnado de primaria reuniuse no ximnasio.

Para empezar este acto cada grupo recitou, cantou e dramatizou os versos da canción que fora escollida nas aula.

Despois cantamos unha canción en inglés que da a benvida ás persoas doutras razas, cores ou nacionalidades "Welcome home" do neocelandés Dave Dobbyn. 

 A continuación entregamos o premio ao gañador do concurso "Debuxa un selo da túa localidade". Lembramos que foi unha actividade realizada en colaboración co FESOFI  durante o primeiro trimestre.

O agasallado, CRISTIAN ABAL JUNCAL de 5ºA, recibiu, coa imaxe do seu debuxo, un pliego con selos de curso legal e unha postal, ademais de varios selos exclusivos para a súa colección.

 Os tres finalistas de cada clase tamén recibiron unha postal co seu debuxo e un selo exclusivo para coleccionar.

Para rematar entonamos e bailamos un canto de amizade e paz coa "CANTARELA DOS NENOS"  de Xosé Neira Vilas.