EDUCACIÓN FÍSICA
MAGOSTO 23-25
Enviado por Goretti Cordeiro o Sáb, 16/11/2024 - 23:57MAGOSTO
Un ano máis co San Martiño trompos ao camiño e co Magosto castañas asadas e xogos populares que nolos trae, unha vez máis, a Asociación Corredoiras. Ás 12 xa estabamos todxs preparadxs e algo nerviosxs por descubrir os xogos que nos traían para esta nova xornada. Houbo de todo un pouco: corda, rá, buxainas, cachiza, zancos, chave, pelouros, carozos... Cando rematamos, Ramón xa nos tiña as castañas asadas e listas para papar. Logo entre todxs recollemos o lixo e como aínda sobraran algunhas castañas, levamos para casa un puñado para degustar en familia. Grazas a Corredoiras polo seu tempo e por amosarnos eses xogos de onte e de hoxe que tanto nos DIVIRTEN.
Xogade
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 15/11/2024 - 00:21BALONMÁN CO XOGADE
Esta vez tocoulles aos nenxs de 3º de Primaria participar no programa XOGADE. Así durante catro semanas seguidas todos os luns, grazas a este programa, tivemos a visita de Miguel Pousada, xogador do Clube Balonmán Cangas. Traballamos o pase, o bote, o tiro e para rematar estas catro sesións un partido, que xa tiñamos ganas de por en práctica todo o aprendido. Grazas Miguel volta cando queiras para ensinarnos algo máis sobre o teu deporte, O BALONMÁN.
CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO
Enviado por Goretti Cordeiro o Mér, 06/11/2024 - 22:59CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO
Esta fin de semana celébrase a XXVII Carreira Pedestre de San Martiño. Será o sábado 9 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social do Mar de Bueu. Na ligazón seguinte podedes realizar a inscripción que será gratuita para a rapazada.
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2882/xxvii-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2024
CLUBE MAR DE BUEU
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 18/10/2024 - 10:18VISITA OA CLUBE MAR DE BUEU
Para este mes de outubro, solicitamos ao Clube Mar de Bueu poder visitar as súas instalacións e coñecer algo máis sobre este deporte. Valente e Andrés explicáronnos as oríxenes do seu deporte, os diferentes tipos de embarcacións que empregan e como adestran nestas instalacións cando non poden saír ao mar. Deixáronnos probar os ergómetros e as distintas máquinas que teñen no seu ximnasio. Tamén contáronnos curiosidades como o porque da entrega dunha bandeira os-as gañadores-as e non dunha copa coma noutros deportes.
Grazas a Valente e a Andrés pola visita e o seu tempo.
VISITA Á PISCINA MUNICIPAL
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 27/09/2024 - 11:44VISITA Á PISCINA MUNICIPAL
E arrancamos motores cunha saída moi refrescante á Piscina Municipal de Bueu "As Lagoas", para realizar unha sesión in situ. Esta vez tocoulles aos de 4º e 5º de Primaria gozar desta actividade grazas á invitación do Concello, para amosarnos as súas instalacións e poder empregalas no noso tempo de lecer. Non esquezades levar gorro , chancletas, lentes e por suposto bañador para un saudable CHAPUZÓN!!!
BENVIDA CURSO 2024-25
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 06/09/2024 - 10:11BENVIDA 2024-25
Benvidos-as a un novo ano académico determinado pola Lei educativa LOMLOE. Este curso subirase o pano no noso colexio, para presentarnos un novo Proxecto de Centro relacionado co teatro:
“Que suba o pano na Pedra”
Con este proxecto pretendemos investigar, descubrir, experimentar, crear, xogar e representar distintas situacións de aprendizaxe. E como cada ano intentaremos seguir aprendendo a aprender dun xeito máis creativo e dinámico.
E sen máis comenzamos un novo curso coas pilas cargadas e cheos-as de enerxía, desexando que sexa para todos-as un curso repleto de ovacións.
Na parte de abaixo, no arquivo adxunto deixamos información sobre a área de E. Física e normas de funcionamento xeral relativas ás nosas clases.
Os-as mestres-as de Educación Física.
AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS 4º
Enviado por José Ángel Graña o Ven, 16/08/2024 - 15:15
Ao longo do segundo e terceiro trimestre, nas clases de Educación Física, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria traballaron “As Olimpíadas”.
Durante as clases practicaron diferentes deportes olímpicos:
- Balonmán (deporte de equipo), dentro do programa “Xogade” da Xunta, no pavillón Pablo Herbello. Ao final disfrutaron dunha xornada de convivencia de balonmán coa rapazada do CEIP Montemogos de Beluso e CPR Virxe Milagrosa de Bueu no pavillón da Raña en Marín.
- Bádminton (deporte individual), no pavillón de Bueu.
- Atletismo (deporte rei das olimpíadas) baixo o lema olímpico “Citius, Altius, Fortius”(máis rápido, máis alto, máis forte), levando a cabo distintas probas atléticas: velocidade, resistencia, triplo salto salto de altura, marcha, remudas, valados, salto de lonxitude, lanzamento de peso, disco, martelo e vortex (xavelina).
Remataron coa celebración das “Olimpíadas de Papirus de 4º" durante dúas xornadas:
- Cerimonia de apertura:
- Probas:
OLIMPÍADAS DE PAPIRUS 1ºB
Enviado por José Ángel Graña o Sáb, 06/07/2024 - 12:01
Durante o terceiro trimestre, nas clases de Educación Física, os nenos e nenas de 1ºB levaron a cabo, baixo o lema olímpico “ Citius, Altius, Fortius” (máis rápido, máis alto, máis forte), distintas probas das Olimpíadas de Papirus: velocidade, resistencia, salto de altura e de lonxitude, salto á corda, carreiras de remudas, salto á comba, lanzamento de peso, vórtex...
Rematamos as Olimpíadas de Papirus cunha saída ao campo da Estacada, onde fixemos lanzamentos de xavelina.
Despois baixamos á praia da Banda do Río, onde realizamos diversos xogos na area: á pita circular, á partida, tiro á corda, carreiras de remudas, ao bordon e búsqueda do tesouro.
Voltamos ao cole cheos de ledicia e emoción!!!
MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA
Enviado por Goretti Cordeiro o Lun, 24/06/2024 - 08:52MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA
Estes días aproveitando o bo tempo e para rematar este curso, baixamos ata a praia da Banda do Río para celebrar as nosas particulares Miniolimpíadas de Papirus.
Os días previos confeccionamos o facho olímpico, que nos ía acompañar no noso camiño, e as bandeiras, que nos axudaron a organizarnos por equipos mesturando idades e cursos (os aros olímpicos, de cor branca; a candea olímpica, de cor amarela; o caldeiro olímpico, de cor vermella, e as mascotas, Les Phryges, de cor azul). Tamén preparamos coroas de oliveira para os participantes pola súa colaboración, esforzo e ilusión.
Finalizados todos estes preparativos, xa só nos quedaba achegarnos ata a praia para gozar das distintas probas que tiñamos que realizar: lanzamentos de vortex ou xavelina, salto de lonxitude, remudas con entrega de testemuño e dobres con raquetas. Unha vez que todxs pasamos polas catro probas, demos por clausuradas as nosas Miniolimpíadas coa entrega das coroas de oliveira.
Para rematar, fixemos unha recollida selectiva de todo aquilo que atopamos pola praia e que non forma parte da natureza como plásticos, papeis, cartóns, botes, cristais, latas... para poder seguir gozando deste espazo o maior tempo posible.
Esperamos que desfrutarades da convivencia porque ese era o noso obxectivo, aprender convivindo deixando de lado a competitividade que moitas veces nos desborda. Grazas aos titores pola súa colaboración e a Lina e a Suso pola súa paciencia. E con isto damos por rematado un ano olímpico.
BO VERÁN!
TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 10/05/2024 - 10:45TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA
Hoxe tivemos o pracer de compartir unha xornada de promoción da actividade física e hábitos saudables en idade escolar, grazas á fundación PHOENIX KIDS Triatlón da que é embaixador o triatleta olímpico Javier Gómez Noya.
A actividade comezou cunha pequena charla informativa sobre os múltiples beneficios da actividade física e o deporte sobre a nosa saúde, tanto física como mental e incluso no noso rendimento escolar.
A continuación Victor, María e Manu explicáronnos as diferentes probas de hábilidade que iamos realizar: unha de forza co dinamómetro, outra de resistencia en barra, a de salto tanto en altura como en lonxitude e a última de velocidade de reacción.
Xa só nos quedaba ir pasando por cada unha delas e anotar na acreditación que nos regalaron os nosos rexistros. Grazas a Javier Gómez Noya e Phoenix Kids polo seu tempo e o agasallo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »