TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA
TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA
Hoxe tivemos o pracer de compartir unha xornada de promoción da actividade física e hábitos saudables en idade escolar, grazas á fundación PHOENIX KIDS Triatlón da que é embaixador o triatleta olímpico Javier Gómez Noya.
A actividade comezou cunha pequena charla informativa sobre os múltiples beneficios da actividade física e o deporte sobre a nosa saúde, tanto física como mental e incluso no noso rendimento escolar.
A continuación Victor, María e Manu explicáronnos as diferentes probas de hábilidade que iamos realizar: unha de forza co dinamómetro, outra de resistencia en barra, a de salto tanto en altura como en lonxitude e a última de velocidade de reacción.
Xa só nos quedaba ir pasando por cada unha delas e anotar na acreditación que nos regalaron os nosos rexistros. Grazas a Javier Gómez Noya e Phoenix Kids polo seu tempo e o agasallo.