Emma Rico Soto de 6ªB escribiu a palabra gañadora do mes de novembro: TEIXUGO. NORABOA!
Segundo a RAG, a palabra "teixugo" significa:
Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos.
As palabras finalistas foron:
INVERNO, BICO, NADAL, LÚA, OLLOMOL, AXÓUXERE E MEIGALLO.