Skip to Content

Escrutinio das votacións para represantes de familias no Consello Escolar

No arquivo adxunto atópase a acta cos resultados das votacións celebradas o luns para a renovación dos sectores de pais/nais do Consello Escolar.

O próximo luns, 25 de novembro, reunirase a Xunta Electoral para aprobar definitivamente aos candidatos/as elixidos/as. Tras isto, os candidatos/as elixidos/as pasarán a formar parte do Consello Escolar e os non elixidos a unha lista para posibles sustitucións.

Grazas pola vosa colaboración,

O equipo directivo

 

 

 

 

Candidaturas no sector de pais e nais do alumnado

Estimadas familias:

No documento adxunto faise pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan ao consello escolar.

As  votacións serán o luns 18 de novembro de 16:30 a 18:45.

 

Convocatoria das eleccións ao Consello Escolar para o sector de pais, nais e titores legais

Estimadas familias:

En relación á Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar do sector pais, nais e titores legais tedes dispoñibles os seguintes arquivos:

- Convocatoria para dito sector

- Modelo para presentar a candidatura

Grazas pola vosa colaboración.

Chegou o Samaín

Chegou o Samaín o noso centro! Grazas á colaboración do alumnado e das súas familias que participaron de forma maioritaria na actividae proposta polo equipo de dinamización da lingua galega e da labor que tódolos cursos realiza a nosa ANPA Castelao decorando o centro, o noso cole luce deste xeito tan fabuloso e ó mesmo tempo terrorífico...

 

 

 

Renovación do Consello Escolar

Estimadas familias:

No seguinte enlace tedes dispoñible unha circular en relación á renovación do consello escolar do centro.

Nela indícase a data e hora do sorteo público para a designación dos membros de xunta electoral.

Un saúdo.

SAMAÍN

Horario de secretaría para o curso 2024-2025

O horario de atención na secretaría do centro para este curso 2024-2025 será o seguinte:

- Luns, mércores e venres de 9:00 a 9:45.

- Martes e xoves de 13:15 a 13:50.

Material escolar 2024-2025

Nos documentos adxuntos poderán atopar as listaxes cos materiais que se requiren para este curso.

As familias poderán traer ao centro o material de Infantil, 1º e 2º o martes día 10 de 12h a 13h ou o luns día 16 de 16h a 17h.

O alumnado de 3º a 6º traerá o seu propio material os días 12, 13 e 16.

CIRCULAR INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO

Con motivo do inicio de curso, dirixímonos a vós para saudarvos, desexarvos un bo ano escolar e facervos chegar a presente circular con información relevante sobre estas primeiras semanas, así como aspectos xerais sobre organización e funcionamento do centro.

CIRCULAR INFORMATIVA INICIO DE CURSO 2024-2025

 

Horario de secretaría primeiros días non lectivos

O horario de secretaría entre o 2 e o 10 de setembro (ambos incluídos) para a entrega de cheques, formalización de matrículas, historiais académicos e outras xestións será de 9:00 a 9:50.

Distribuir contido


by Dr. Radut