Skip to Content

CIRCULAR FIN DE CURSO

Comunicación co centro durante o mes de xullo

COMUNICACIÓN CO CENTRO DURANTE O MES DE XULLO

Infórmase de que para calquera cuestión urxente pode contactar co centro a través do correo: ceip.anxo.dagarda@edu.xunta.gal

Fondo Solidario de libros de texto. Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 24-25.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG con data 20/05/2024 a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2024-2025.

O vindeiro curso 2024-2025 o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. En 1º e 2º de E.P. funcionarán as AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. No caso do MATERIAL ESCOLAR, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado que curse 5º e 6º de E.P. neste centro no vindeiro curso 24-25 non ten que solicitar a axuda para o fondo libros, só para o material escolar se lle corresponde polos ingresos da unidade familiar. O centro continuará co proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en 5º e 6º EP.  

 

Toda a información está dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros, así como no DOG xa citado.

 

    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, www.sede.xunta.gal. Para a presentación de solicitudes deberá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluindo o sistema de usuario e Chave 365. 

    • De presentarse na Secretaría do Centro, só é necesario presentar unha única solicitude por familia (ANEXO I e II), incluíndo a todos os fillos/as matriculados no centro. Débese acompañar toda a documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia). O alumnado que inicia os seus estudos en 1º de E.S.O. presentará a solicitude no Centro onde estea admitido para o curso 23-24.

    • O prazo de presentación das solicitudes comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024. Lembramos que o horario de Secretaría é de luns a venres de 9:10 a 9:50h.

    • Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto do curso 2023/2024.

    • O anexo I e II poden descargarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta páxina web ou solicitar nas dependencias da Xefatura Territorial de Educación de A Coruña.

ANEXO I

ANEXO II

Máis adiante informarase dos prazos de publicación de listaxes provisionais e definitivas e de entrega de libros e cheques de axuda.

 

Inicio procedemento de admisión curso 24-25.

Inicio do procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024-2025.

 

Solicitude de reserva de praza (alumnado de 6ºEP):

- Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Reserva de praza no centro adscrito

Anexo ED550A

 

Solicitude de admisión para novo alumnado:

- Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

Horario da Secretaría do centro en días lectivos de luns a venres de 9:00 a 9:50h.

 

Nota informativa.

Mapa zonas educativas.

Baremo aplicable.

Anexo ED550B.

 

Enlace á aplicación admisionalumnado.

 

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro de novas no interior do centro.

Segundo a Orde de 21 de outubro de 2022 poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día 23 de abril ante o Consello Escolar do Centro (Art. 35.2).

 

Están publicadas as listaxes definitivas de admisión no taboleiro de novas no interior do centro.

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2024, en horario de secretaría de luns a venres de 9:00 a 9:50h.

As familias de nova incorporación ao centro serán convocadas a unha reunión o día 17 de xuño e repartiranse, entre outros documentos, os impresos de matrícula.

 

Libros de texto curso 2024-2025.

O alumnado de Educación Infantil non empregará ningun libro de texto.

 

Libros de texto 1º e 2º de Primaria

Libros de texto de 3º e 4º de Primaria 

 

En 5º e 6º cursos de E.P. empregaranse os libros dixitais do Programa Edixgal.

Titoriais para o emprego da Aula Virtual

Estimadas familias:

 

Desde o mes de setembro e seguindo o establecido polo Protocolo COVID da Xunta de Galicia o alumnado de 3º a 6º de Primaria, acompañado dos seus titores, está asistindo á Aula de Informática do centro para formarse no uso da Aula Virtual. Trátase dunha medida de prevención en caso de ter que pasar a unha educación non presencial en determinados momentos do curso pero tamén consideramos que pode ser empregado como un recurso máis de traballo que implica diversas aprendizaxes útiles relacionadas coa competencia dixital do alumnado.

 

No caso dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria iremos intentando que pouco a pouco tamén se familiaricen coa Aula Virtual, aínda que obviamente resulta máis complexo debido a súa idade.

 

Coa intención de facilitar o seu uso na casa deixamos un par de titoriais que poden servir tanto a alumnado como familias. O primeiro contén as instrucións básicas parta acceder á Aula Virtual do centro e o segundo explica como converter un arquivo de Libre Office Writer (.odt) a PDF para poder envialo dentro dunha tarefa á Aula Virtual. Esperemos que vos resulten útiles. Se é necesario iremos engadindo máis recursos deste tipo.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Titorial de acceso Aula Virtual.

 

Titorial sobre como convertir arquivos .odt a arquivos .pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut