slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

BENVIDO OUTUBRO

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Compartimos o menú do mes de outubro, que podedes descargar en formato pdf clicando no enlace.

 

A NOSA PRIMEIRA SEMANA

A nosa primeira semana de cole.

Poñemos fin á semana que marca o comezo dunha aventura.

Nestes días coñecimos as particularidades de cada un/unha, aquelas que nos fan únicos e que nos unirán o resto do curso.
Ademais de repasar e recuperar os coñecementos do ano anterior, tamén puxemos en práctica novas rutinas. Entre elas "os apadriñamentos lectores", unha actividade que selará parte das nosas xornadas.
E por suposto, comezamos por todo o alto saíndo do noso pequeno mundo. Os/as nosos/as nenos/as disfrutaron da música, do encontro con outros coles e da maxia de coñecer novos lugares.

Podedes ver o vídeo resumo clicando na imaxe:

Reunión de inicio de curso

INICIO DO CURSO 2023-2024

 

Benvidos/as a un novo ano académico!

Despois dun verán incansable arrancamos o curso con moitas gañas e ilusión. En breves descubriremos todas as boas novas que están por vir!

 

 

 

 

Festival fin de curso

Este ano rematamos o curso cunha gran festa con hinchables, globoflexia, pintacaras, caza do tesouro, xogos tradicionais e unha gran comilona. Podedes ver o vídeo no archivo adxunto.

Agora, despois de traballar e estudar toca descansar. Bo verán familias!

Álbum: Sen categoría -> Festa fin de curso 2023

Día do Medio Ambiente 2023

Este ano tivemos a sorte de contar con David Arcay, para conmemorar o día do Medio Ambiente. Explicounos moitas cousas e deixounos usar a súa cana de pesca. Grazas David!

Álbum: Sen categoría -> Día do Medio Ambiente 2023

Listaxe definitiva do Fondo Libros

Xa temos disponible a lista definitiva do Fondo Libros para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Debido a un cambio nos libros de texto dalgúns dos cursos, os libros non se entregarán ata os primeiros días de Setembro. En canto aos vales para material escolar podedes pasar polo centro a recollelos ou esperar a setembro.

Un saúdo

Lista provisional de admitidos do FondoLibros 2023/24.

Xa está disponible a listaxe provisional de admitidos do Fondo Libros para o próximo curso. Podedes consultala no taboleiro do Centro. Tedes dous días hábiles para reclamacións

LISTAXE LIBROS 2023/2024

Estimadas familias, 

Xa temos a listaxe de libros que van usar os nenos e nenas do Ceip Antía Cal Váquez nos próximos cursos. Como sabedes, moitos dos libros parten do Fondo Libros ou de Vales da Xunta de Galicia, é dicir, non todo o alumnado ten que compralos, esta lista é so unha referencia.

Para calquera dúbida, a secretaría do centro permanecerá aberta ao público de luns a venres de 10:00h a 13:00h, durante o mes de Xuño.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer