MEANS OF TRANSPORT II
Ola de novo blogueir@s!
Esta semana continuaremos a falar dos medios de transporte, os cales teñen unha grande relevancia non so para a nosa mobilidade persoal, senón tamén para o transporte dos produtos que consumimos a diario e que soen ser cultivados ou elaborados en lugares máis ou menos distantes do noso lugar de residencia.
A actividade que vos propoño hoxe, consiste na elaboración dun medio de transporte, a Train (un tren), a través da reutilización dun embase tipo brick de leite ou zume.
Para elo debemos facernos cun cartón xa usado que despois de ser lavado e secado convenientemente, serviranos como soporte dos recortables que aparecen no arquivo que se adxunta. Esta ficha poderá ser pintada coa técnica que máis nos guste: ceras, rotuladores, témperas... para despois de recortadas ambas caras, seren pegadas a continuación cada unha no seu lado do brick... E velaí teredes un sinxelo e bonito tren elaborado por vos mesmos co que poderedes xogar na casa!
O tren, como seguro sabedes, é un medio moi usado no traslado de viaxeiros; pero tamén para o transporte de mercadorías como, por exemplo, os propios cartóns de leite que imos reciclar para a nosa actividade!!
Un saudo e ata a próxima.
jcarlosp@edu.xunta.es
Anexo | Tamaño |
---|---|
train.jpg | 114.75 KB |