"FOOD, DELICIOUS FOOD... YUMMY, YUMMY!!"

HELLO FRIENDS!!

   Hoxe imos falar de comida. A comida como ben sabedes é moi importante no voso desenvolvemento xa que non so serve para aportarlle enerxía e manter san o corpo, senón que tamén o fai crecer...

   Pero ademais serve para desfrutar co seu sabor -"yummy, yummy" - e incluso coa súa elaboración, se temos a ocasión de botar unha man na cociña aos nosos pais, en tarefas sinxelas que non supoñan ningún risco, claro está...

   Pero hoxe non imos cociñar, non polo menos con comida de verdade, en todo caso practicaremos na cociña en inglés... repasando aquelas palabras xa coñecidas e incluso algunha nova referidas aos alimentos: "FOOD", como di o noso título...

A terefa é inicialmente apta par todos os niveis de infantil:

   Primeiro recortaremos (cut out) as fichas do arquivo: Food and shadows e a continuación uniremos (match) cada unha coa súa sombra (shadows).

   Logo, nun nivel superior, os máis maiores que xa son capaces de recoñecer palabras, poden usar o taboleiro facilitado no segundo arquivo para situar cada figura sobre o seu nome en inglés: chicken- polo; chocolate- chocolate; sandwich- bocadillo; cheese- queixo; salad- ensalada e spaghetti- espagetis.

   Cando as teñamos emparelladas correctamente e despois de fixarnos ben na correspondencia entre as parellas (debuxo-palabra), volvemos a quitar os debuxos e despois de barallalos, volta a empezar... intentamos volver colocalas correctamente.

   E así, tantas veces como precisemos ou queiramos, ata conseguirmos memorizar as palabras asociadas ao debuxo.

   Espero que esta actividade sexa tan divertida e proveitosa para vos como cociñar...ou comer. Que aproveite...!!

Ata outra. See you friends!!

 

 

AnexoTamaño
Food and shadows.pdf485.44 KB
chart board.pdf50.95 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer