Mandala con elementos da natureza
Bo día familias!!!
Estes días estamos a gozar de moi bo tempo asique animeime e fun a dar un paseo no que recolleitei unha morea de follas, flores, xuncos,... cos que decidín elaborar unha mandala e conmemorar deste xeito a chegada da primavera e os cambios que esta supuxo na nosa contorna.
En primeiro lugar... sabedes que significa mandala? Pois ben significa círculo sagrado, lugar onde dar vida, crecer... polo que é perfecto para cultivar valores e aprendizaxes. Porén, a realizacion desta actividade servirá para traballar a:
- Atención.
- Paciencia
- Concentración.
- Coordinación.
- Motricidade fina
- Creatividade
- Cores
- Formas xeométricas
- ...
Preparados?? Imos aló...
1.- Recolleitar todo aquilo que máis nos chame a atención. Podemos facer mandalas centrándonos nas cores, nas formas xeométricas... é moi importante dedicarlle tempo a este paso xa que da nosa escolla resultará a creación final. NOTA: mediante a observación descubriredes cousiñas que en ocasións non percibimos a simple vista e que poden resultar moi interesantes.
2.- Elaboración. Comezaremos dende o centro e iremos cara fora.
creación sinxela( primeiras idades)
aportación de máis elementos
combinación de formas xeométricas e cores
Resultado final
Como podedes comprobar, esta actividade pode realizarse a calquera idade, iso sí, teremos que ir graduando a súa complexidade e o número de elementos a empregar.
Espero que vos guste.
Un saúdo ben forte familias!!!